O BNG DE CEE RECLAMARÁ A XUNTA UNHA SOLUCIÓN DEFINITIVA AOS PROBLEMAS CO PEDIATRA

O BNG DE CEE RECLAMARÁ A XUNTA UNHA SOLUCIÓN DEFINITIVA AOS PROBLEMAS CO PEDIATRA

O Bng de Cee apoia as reivindicacións das nais e pais que reclaman a solución inmediata dos problemas coa atención médica dos nenos e nenas, polo que vai presentar diante do pleno unha moción para tratar de acadar o apoio dos demais grupos políticos, na que se inste a Xunta de Galicia, e por ende a Consellería de Sanidade, a solucionar os problemas de atención pediátrica non noso concello.

A plaza de pediatra no concello de Cee, que ademais, cubre os nenos e nenas de Corcubión, debe ser cuberta de forma definitiva e estable, e no menor tempo posíbel, por persoal cualificado en Pediatría, xa que a saúde dos nenos e nenas non poden estar en mans de persoal non especializado , como ven sendo habitual nos últimos anos.

Cee a 21 de Marzo de 2014

Dionisia Mancha Rey

Responsábel Local do Bng de Cee