O BNG de Cee presenta un escrito no Concello contra o copagamento na Sanidade

O BNG de Cee presenta un escrito no Concello contra o copagamento na Sanidade

BLOQUE NACIONALISTA GALEGO

de CEE

O BNG contra o copagamento de medicamentos das persoas doentes crónicas non hospitalizadas

Presenta un escrito no concello para que o PP elimine a súa decisión e que a Xunta de Galiza non a aplique no noso país

Dinonisia Mancha Rey, responsábel local do BNG de Cee, presentará un escrito no concello para que calquera dos grupos con representación o convirta en moción diante do pleno da corporación municipal para 'instar á Xunta de Galiza a que demande do goberno do Estado a derrogación da resolución que obriga ao copagamento das medicinas ás persoas doentes crónicas non hospitalizadas, e a que non aplique no noso país esta regresiva medida'.

Dionisia Mancha, responsable local nacionalista manifestou ademais que 'estas persoas terían que pagar o 10% até os 4,20 euros de cada medicamento dos usados para enfermidades como cancro, tumores, leucemia, hepatite C, artrite reumatoide ou dexeneración muscular.' Engadiu que 'esta medida do PP resulta indigna, inhumana e inxusta, que retrata a un goberno que actúa contra a xente e favorece as grandes fortunas, á banca e ao poder económico.'

Finalmente, dixo que 'esta medida vén sumarse aos distintos roubos para facer caixa que se executan contra a xente máis desfavorecida, onde engrosan as persoas que adquiriron preferentes e subordinadas, as emigrantes retornadas, pensionistas, funcionarias e, en xeral, a clase traballadora para engordar a banca e o poder'.

Asinado

Dionisia Mancha Rey

Responsábel Local do BNG de Cee

Cee, 31 a de OUTUBRO de 2013