O BNG DE CEE LEVARÁ A PLENO OS PROBLEMAS COS SUMIDOIROS

O BNG DE CEE LEVARÁ A PLENO OS PROBLEMAS COS SUMIDOIROS

• Locais comerciais tiveron que pechar os baños.

Os problemas de saneamento cos que temos que convivir en Cée dende fai ben anos, volveron a crear problemas na tarde do pasado luns.

As intensas precipitacións fixeron que as canalizacións se saturasen, xa que como denunciamos en numerosas ocasións, as augas pluviais seguen a misturarse coas residuais na meirande parte do pobo. Isto provoca a súa vez que os pozos de bombeo previos a depuradora non den abasto a tal cantidade de auga, o que ademais inutiliza as bombas por atascos e problemas derivados dos mesmos.

Neste caso en concreto hai que sumar un agravio mais. Esta última semana veñen de producirse as mareas mais grandes do ano, o que o luns pasado fixo que se tiver que pechar a comporta do último pozo antes da Edar. Este feito supuxo que as tuberías se colapsasen en pouco tempo e as augas comezaran a sair polas tapas dos sumidoiros. Estabelecementos sitos en baixos, bares entre eles, tiveran que pechar os aseos para que auga fecal non saise aos comercios. Todo levou, inevitablemente, a perda de clientela, e polo tanto a un contratempo económico.

Unha vez mais, o tempo dá a razón ao Bng cando insiste en que debemos centrar os esforzos en dar solución ao problema. O goberno non pode mirar para outro lado mentres isto ocorre ano tras ano. É este o momento de tomar medidas e esixir a Xunta de Galiza unha partida económica para levar adiante as obras que sinala o estudo realizado, que por outra banda xa custou uns douscentos mil euros.

O Bng de Cée pedirá, no vindeiro pleno de finais de mes, solucións inmediatas e movementos na liña que marcamos.

Cee, 06 de Outubro de 2015.

Serxio Domínguez Louro