O BNG DE CEE LEVA UNHA MOCIÓN AO PLENO PARA REMATAR A AUTOVÍA DA COSTA DA MORTE ATA CEE

O BNG DE CEE LEVA UNHA MOCIÓN AO PLENO PARA REMATAR A AUTOVÍA DA COSTA DA MORTE ATA CEE

O BNG DE CEE LEVA UNHA MOCIÓN AO PLENO PARA REMATAR A AUTOVÍA DA COSTA DA MORTE E RETOMAR O PROXECTO INICIAL QUE REMATABA EN CEE

A Autovía da Costa da Morte, prometida hai máis dunha década após a catástrofe do Prestige, continúa sen ser unha realidade.

Hai que poñer de manifesto a irresponsabilidade do PP que anulou o contrato que estaba adxudicado en 2008, abonando a administración 4,18 millóns de euros ao contratista en concepto de expropiacións. Con posterioridade a Xunta redacta un novo proxecto que non só recorta o trazado previsto, senón que duplica o custe. Ante o escándalo e alarma social, a Xunta vese na obriga de anular o concurso e realiza un novo que compromete a finalización das obras no verán de 2013. A pesar dos notorios e recoñecidos incumprimentos de contrato da UTE concesionaria do prego de condicións, non só non actúa conforme ao contrato e a Lei de Contratos do Sector Público, senón que finalmente faise un novo recorte que reduce case a metade as obras e encarece significativamente o custe por qm.

O BNG manifesta a súa total oposición a este novo recorte da Autovía e censura a subordinación da Xunta aos intereses dunha empresa privada

Por iso, solicitamos ao pleno que reclame da xunta de Galiza a adopción das medidas oportunas para que se reanuden as obras da Autovía da Costa da Morte, habilitando as partidas necesarias para executar esta obra desde o ámbito público e consecuentemente, aforrando miles de millóns de euros de todos os galegos e galegas. Retomar o proxecto inicial, cando menos, de rematar a autovía en Berdoias e executar un corredor de Bedoias a Cee e executar tamén a variante de conexión dende o final de ese corredor, até o peirao de Brens.

Cee, 24 de Febreiro de 2015

Serxio Domínguez Louro