O BNG DE CEE DENUNCIA A FALTA DE MANTEMENTO E SEGURIDADE NA PISCINA MUNICIPAL

O BNG DE CEE DENUNCIA A FALTA DE MANTEMENTO E SEGURIDADE NA PISCINA MUNICIPAL

Presentaremos na vindeira semana un escrito no concello, acompañado de documentación visual, para certificar a denuncia e pedir solucións.

O BNG de Cee ven de recoller númerosas queixas de usuarios pólo mal funcionamento e a fal - ta de mantemento das instalacións na piscina municipal. As diferentes reclamacións realizadas na propia piscina e incluso, algunHas realizadas no propio Concello, caen unha e outra vez no esquecemento e non reciben nen resposta, nen moito menos solucións.

A falta de mantemento e reposición cando remata a vida útil da maquinaria e os útiles para a realización de exercicios, e que incluso se chegan a retirar por non arranxalas ou tárdanse meses en facelo. Algunhas das máquinas frean en seco cando se realiza a actividade física, co conseguinte risco de producirse lesións. Ademais, os tapizados da maquinaria e das colchonetas están en mal estado e son, polo tanto, antihixiénicos por acumulación de suores e cheiros.

Os usuarios deben convivir con caldeiros e toallas repartidos póla instalación a causa das goteiras e filtracións de auga. Faltan indicadores de temperatura nas instalacións, nas zona de auga e na zona de spa. O usuario debe coñecer e comprobar as temperaturas , como se pode comprobar na lexislación vixente.

E o que consideramos demaiorgravidade,afaltadesocorristacandoseestánarealizarcursos ou actividades acuáticas , e falta de ratios por nº de alumnos, sobre todo menores.

Estanse a impartir cursos de natación en grupos de entre 15 de 20 nenos en idade infantil (cando existen recomendacións nestas idades que os grupos non deben superar os 5 ou 6) e que na maioria dos casos, non saben ou non teñen autonomía suficiente para nadar, e fano cun só monitor en sin socorrista, que é obrigatorio. Entendemos pois, que a xerencia da Piscina Municipal pode estar a vulnerar a lexislación vixente en materia de seguranza en Instalacións Deportivas e pólo tanto, poñendo en grave perigo os cativos que se deixan o seu cargo e demais usuarios.

Entendemos pois, que o Concello debe actuar de inmediato nesta cuestión, porque a seguridade das persoas non é unha cuestión de beneficio e rendabilidade económica, e esta responsabilidade tamén a ten que asumir o Concello.

A todo o exposto, sumar que os prezos das actividades e do uso das instalacións, son elevados a respeito doutras instalacións das mesmas características

Deste xeito, o Bng de Cee solicita ao goberno do noso concello que faga cumprir a empresa concesionaria o contrato vixente e poña solución inmediata os problemas antes mencionados, sexan obriga da empresa ou da administración, e que pasan por:

-A reparación, reposición e mantemento da máquinaria e útis en xeral de toda a instalación deportiva.

-A reparación do edificio municipal polo seu estado actual con grietas e infinidade de filtracións de auga do exterior.

-O cumprimento estricto das normas da Conselleria de Sanidade e recomendacións autonómicas en instalacións deportivas.

-A obrigatoriedade a empresa concesionaria de establecer ratios nas actividades, fundamentalmente acuáticas.

-Revisión da tarifas por actividades e uso en xeral das instalacións.

En Cee a 26 de Outubro de 2013

Dionisia Mancha Rey

Responsábel Local do Bng de Cee

2013-10-25 15.30.14