O BNG DE CEE CRITICA A PROPAGANDA POLÍTICA DO PP CO PORTO DE BRENS

O BNG DE CEE CRITICA A PROPAGANDA POLÍTICA DO PP CO PORTO DE BRENS

Os datos feitos públicos a través de distintos medios polo Ente Público Portos de Galicia, en relación co incremento actividade do Porto de Brens, é unha proba mais da política de PROPAGANDA a que estamos habituados co Pp, mais agora na víspera dun proceso electoral.

Cada pouco, deleitannos co anuncio do importante incremento de actividade portuaria e movemento de mercadorias no Porto de Brens, mais este incremento non é grazas o bon facer de Portos, senon pola actividade xerada pola empresa Ferroatlántica.

Esta lexislatura vimos como importantes inversións de ubicación de empresas na zona portuaria se perden pola ineptitude de Portos e o Concello de Cee, así como proxectos que seguen tirados nos caixóns, como o caso dos remolcadores para a ría.

Mesmo nestes intres, dase a paradoxa que hai barcos fletados por empresarios da zona para cargar madeira, que teñen que pasar os controles noutros portos autonómicos, co incremento de custos que iso supón, por non ter dotado a Brens dos servizos necesarios.

Mentres, a única realidade é o desleixo do Ente Público Portos de Galiza na prestación de servizo público e a perda continuada de postos de traballo no peirao. O único incremento de persoal en Brens, é o séquito de cargos do PP que pasean polo porto. Ademais do Pte. de Portos e a Alcaldesa, a proximidade das eleccións fai que aparezan a Conselleira do Mar, a deputada, a concelleira, …

A realidade é que o Porto de Brens segue a ser un porto, mal comunicado, sen unha dotación de servizos óptima para facilitar un maior tráfico marítimo, con custes elevados de atraques por non dotalo de remolcadores e non adaptar o entorno da zona portuaria nas condicións necesarias para a instalación de empresas. Nas actuais condicións, e se houbese unha boa xestión e vontade política do PP, poderíanse ter creado máis de 100 postos de traballo. Aínda así, teñen o cinismo de pasearse polo Porto na busca da desexada foto, iso si, evitando as fochancas que medran cada día no asfaltado do mesmo.

O PP segue coa súa política de fume e de propaganda electoral chea de promesas incumpridas, e amosa a súa incompetencia para xestionar unha infraestructura que debería ser o motor económico e de xeración de emprego da localidade, entorno da ría e comarca.

PC140857-como-objeto-inteligente-1

Cee, a 21 de Febreiro de 2015

Serxio Domínguez Louro

Portavoz do Bng de Cee