As dúbidas que se están a xerar arredor da viabilidade do sistema público de pensións son interesadas para favorecer precisamente os plans privados e seguir no camiño de recorte das pensións públicas. No Bloque Nacionalista Galego, asistimos con preocupación as novas propostas que está a facer o Goberno español, como a ampliación do cómputo de cálculo a toda a vida laboral, que afondan na mesma liña.
As reformas laborais promovidas, durante os anos 2010, 2011 e 2012, por gobernos do PSOE e PP, respectivamente, con diferentes niveis no seu contido e importancia, afondaron na liña neoliberal de individualización e desregulación das relacións laborais. Atrasouse a idade de xubilación aos 67 anos, ampliouse a 25 o número de anos para calcular a base reguladora, adiantouse a aplicación do factor de sostibilidade ao 1 de xaneiro de 2019, atrasouse a idade de acceso á xubilación anticipada, dificultouse o acceso ao subsidio de desemprego establecendo límites económicos de miseria para ter dereito ao mesmo e atrasouse a idade de acceso dos 52 aos 55. En definitiva, medidas todas orientadas a dificultar o acceso e reducir a contía das prestacións do sistema público de protección social, ao tempo que se fomenta a súa privatización.
Estas medidas son especialmente mesquiñas en Galiza. Primeiro porque temos as pensións máis baixas do Estado español, e unha maior porcentaxe de pensionistas en relación á súa poboación, as pensións son o único ingreso que entra en moitos fogares, son miles os que só teñen ingresos procedentes de prestacións das que as pensións son unha parte fundamental, e segundo porque se suma a outras medidas tamén tremendamente inxustas , como son o copago polos medicamentos, polas residencias, a suba do ive, da auga, da luz, dos carburantes…Hoxe temos un empobrecimento maior [email protected] pensionistas, case o 60% das pensións galegas están por baixo do salario mínimo, a media está máis de 15-20 puntos por baixo da do Estado, sendo especialmente preocupante a situación das mulleres xa que 1 de cada 4 mulleres maiores de 65 anos está por baixo do umbral da pobreza.
O debate sobre a sostibilidade do sistema de pensións públicas ven de lonxe.Desde hai anos veñen prognosticando a súa creba e promovendo os sistemas privados xestionados polos bancos. A razón é moi sinxela, por un lado o interese de recortar a administración pública, por outro a de transferir ao sistema privado a xestión dun volume de capital formidábel derivado dos fondos de pensións públicos.
Desde o comezo da década dos 90, o debate internacional sobre a reforma dos sistemas de pensións estivo dominado polas teorías xurdidas na contorna do Banco Mundial, o Fondo Monetario Internacional e a OCDE, que defenden fortes recortes nos sistemas públicos de pensións, acompañados da capitalización individual a través do sector privado.
O argumento central é que o sistema de pensións é insostíbel. As razóns que presentan son que a esperanza de vida aumenta progresivamente ao mesmo tempo que hai menos cotizantes por causa da caída da poboación activa. A partir desta idea estenden a alarma social pregoando que a longo prazo non haberá diñeiro para pagar as pensións públicas.
O obxectivo é favorecer a privatización das pensións e permitir ao capital financeiro xestionar inxentes aforros a través dos fondos de pensións privados con destino aos mercados financeiros globais.
Estamos diante dunha decisión ideolóxica onde o poder toma a decisión de atacar os dereitos dos sectores máis desfavorecidos, os que están a padecer con máis dureza a crise para potenciar os plans de pensións privados e drenar ainda máis cartos dos impostos de [email protected] para os bancos.
O sistema de pensións público é un dos obxectivos da axenda neoliberal desde hai décadas. Estamos a falar dun calculado e continuado proceso de desmantelamento do dereito do traballo a prol da parte máis forte nas relacións laborais, a prol do capital.
Por todo Instamos á Xunta de Galiza a dirixirse ao Goberno español para que proceda a:
E a incrementar a contía do “Fondo extraordinario, perceptores subsidios e pensións non contributivas”, de xeito que cada persoa prestataria de pensión non contributiva perciba un incremento de 100 euros mensuais na mesma.
Bloque Nacionalista Galego
Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: [email protected]