O BNG DE CÉE PRESENTARÁ UNHA BATERÍA DE POSIBLES OBRAS PARA OS PLANS PROVINTES DA DEPUTACIÓN

O BNG DE CÉE PRESENTARÁ UNHA BATERÍA DE POSIBLES OBRAS PARA OS PLANS PROVINTES DA DEPUTACIÓN

Nos vindeiros meses tocará os concellos dar saída os fondos da Deputación.

Por un lado, no PAS 2015 o noso concello recibirá unha partida de 280 mil euros, que terán que ser adicados na súa totalidade a acción social, na que entre outras cousas tamén se poderían recoller obras como as que propoñemos.

Da outra banda, o POS 2016. Nel, Cée recibirá 207 mil euros, podendo destinar parte del a gasto corrente. Dende o bng cremos que é preciso adicalo a obras, polo que faremos esa petición ante o goberno.

Estas son as obras no rural que poñemos enriba da mesa e que ao parecer noso son mais urxentes.

PROPOSICIÓN DE OBRAS PARA PAS 2015 E POS 2016

GURES... Adecuación de viais interiores.

Renovación total de dúas pontes no regato que atravesa o lugar, e que por mór do pouco diámetro das súas tubaxes, non son capaces de evacuar suficientemente a auga, incluso en épocas de precipitacións escasas. Ademais, na parte mais baixa da aldea, a exceiva estreitez dos viais, fai que unha ambulancia non poida acudir a recoller persoas enfermas. Os propietarios das fincas lindantes parecen dispostos na súa meirande parte, a ceder os espazos ocupados polas paredes, co que xa sería suficiente para acceder con relativa comodidade.

BRENS... Arranxo íntegro da escola infantil.

A escoliña de Brens pasa neste momento por ser unha das dúas unitarias que aínda funcionan no noso concello. O estado obsoleto das instalacións fan dela un lugar non moi acolledor para albergar este servizo, pólo que é preciso a súa renovación e aillamento para evitar as humidades existentes.

Cambio de ventás, portas, adecuación dos interiores e aillamento

xeitado nas paredes exteriores, sobre todo na traseira, onde se ven grietas que filtran auga, farían do interior un espazo mais cómodo e axeitado.

ESTRADA TOBA-LIRES... Remate asfaltado.

Na anterior lexislatura, 07-11, foi renovado o firme até o lugar da Cabaleriza, polo que é preciso o remate des asfaltado ate Lires.

Ademais compre unha sinalización axeitada en toda a vía, sendo neste momento totalmente insuficente.

SANEAMENTO EN PEREIRA-SAN XOSÉ E PORCAR.

Estes tres núcleos carecen de servizo de alcantarillado. Compre unha actuación integral para a recollida das augas fecais e a súa posterior chegada a unha pequena Edar, que podería estar sita en Porcar, por onde pasa un pequeno regato que podería ser o receptor da augas convintemente tratadas.

SANEAMENTO SEMBRA E CABALERIZA

Os lugares de Sembra e Cabaleriza carecen de alcantarillado. A propia orografía de Sembra fai que a obra sexa moi sinxela, polo que o custe sería baixo. As augas poderíanse tratar por separado ou conxuntamente, segundo os informes técnicos precedentes, mais sempre en Edars de custe escaso.

SANEAMENTO EN CODESOS E VILANOVA

Estes dous núcleos carecen de servizo de alcantarillado. Compre unha actuación integral para a recollida das augas fecais e a súa posterior chegada a unha pequena Edar, que podería estar sita nunha masa común na parte baixa das dúas aldeas, preto do río Grande, posible receptor das augas tratadas.

NOTA: Nos tres casos de saneamento, sería interesante que a hora de pensar na depuración de augas se tivese en conta que existen xa estacións depuradoras axeitadas a densidade poboacional das localidades nomeadas, cun mínimo custe económico por tratárense de métodos de depuración naturais, e cun mantemento igualmente accesíbel e asimilable.

A Universidade da Coruña ten feito estudos e elaborado proxectos nese senso, polo que sería de utilidade contar co seu asesoramento.

Cée, 13 de outubro de 2014.

Serxio Domínguez Louro

Concelleiro do BNG de Cée

O BNG DE CÉE PRESENTARÁ UNHA BATERÍA DE POSIBLES OBRAS PARA OS PLANS PROVINTES DA DEPUTACIÓN