O BNG DE CEE PIDE QUE SE PLANTEN DE NOVO AS ÁRBORES DE RIBA DAS EIRAS

IMG_4268
O BNG DE CEE PIDE QUE SE PLANTEN DE NOVO AS ÁRBORES DE RIBA DAS EIRAS

Nos últimos meses viñéronse cortando parte das árbores do campo da festa en Lires, no lugar coñecido como Riba das Eiras, sen que os veciños, polo menos parte deles, teñen coñecemento da razón que levou a tal decisión.  

 

O espazo, a mais de ser o lugar onde se celebran os actos festivos, supón o único sitio onde poden xogar os nenos e nenas, xa que a parroquia de Lires carece de parque infantil, e o polideportivo está demasiado lonxe das casas para poder deixalos sós. 

 

Sen as árbores que dean sombra, o lugar convértese nun sitio pouco apropiado para os rapaces en días de moito sol, sen esquecer as razóns estéticas, xa que unha praza con tres das cinco árbores taladas non dá precisamente unha boa imaxe, polo que compre tomar medidas ao respecto

 

Por iso Bloque Nacionalista Galego de Cee vén de presentar no rexistro do concello un escrito, onde demanda ao goberno que plante as árbores nos lugares onde se cortaron os que había, para tratar de volver a facer de Riba das Eiras un lugar acolledor todo o ano.

 

A demanda levarémola ademáis ao vindeiro pleno no apartado de rogos.    

 

 

 

 

 

Cee, a 20 de setembro de 2017

Serxio Domínguez Louro

Concelleiro do Bng de Cee 

O BNG DE CEE PIDE QUE SE PLANTEN DE NOVO AS ÁRBORES DE RIBA DAS EIRAS