CEE COAS IDEAS CLARAS

PROGRAMA ELECTORAL 2019 | COMERCIO E TURISMO

Serxio Domínguez, candidato á alcaldía de Cee
PROGRAMA ELECTORAL 2019 | COMERCIO E TURISMO

• Fomentaremos o asociacionismo no pequeno comercio para loitar xuntos contra as
novas formas de venda.

• Crearemos unha páxina web actualizada, interactiva, moderna e dinámica, na que
terá unha relevancia importante o apartado turístico informando dos lugares de
especial interese e das ofertas do sector publico e privado.

• Poremos en marcha a caseta de información turística, que será tamén de
información ao cidadán, onde se recollan suxestións e información para o Concello.

• Colaboraremos cos hostaleiros e restauradores do concello para explotar ao máximo
os recursos turísticos e informar axeitadamente aos visitantes dos nosos atractivos.

• Deseñaremos, sinalizaremos e promocionaremos roteiros de sendeirismo no
concello e en tódalas parroquias do rural; entre regatos e muíños esquecidos de
Cee , de Cee a Estorde por Toba, de Lires a Area Grande, de Berroxe a Vanle, de
Ameixenda aos pozos; de Ameixenda a Peneda; o roteiro de todos os Muíños do
Concello.

• Facilitaremos un acceso a pé á praia de Gures, respectuoso co entorno.

• Dotaremos ás nosas praias e zonas de ocio dos servizos necesarios para que tanto
os ceenses como os que nos visitan se sintan a gusto nelas, saneando as súas
augas, mellorando a limpeza e a recollida dos residuos dos equipamentos públicos.

• Impulsaremos unha Mesa Local do Comercio

• Fomentaremos e promoveremos as visitas guiadas dos Xardíns de Fernando Blanco.

• Instaremos á consellaría a que obrigue ao dono do Castelo de Ameixenda a cumprir
a lei abrindo os días que lle pertenza.

• Planificaremos e promocionaremos as Festas (populares, xuvenís e gastronómicas,
festa que poña en valor a lenda romanceada de Santiago Apóstolo de Ameixenda) e
Feiras (do libro, de artesanía, do comercio, de produtos da horta e do mar).

• Co obxecto de dar impulso ao Camiño de Santiago o paso polo noso Concello,
construiremos unha Bóveda acristalada no paseo marítimo, no entorno das
casetas, para que serva de punto de encontro aos peregrinos, ademais de oficina de
información turística e de centro de xogos para os nenos no inverno, e poder usala
como centro de eventos e concertos. Será un referente na Costa da Morte con
iluminación nocturna en led multicolor e música ambiente da nosa terra. Fará de Cee
un Concello referente en apoio ao Camiño de Santiago atraendo ás xentes a visitala
tanto de día coma de noite.

• Construiremos pistas de padel para animar e reactivar o movemento e consumo.

• Poñeremos a disposición da poboación e visitantes puntos de información
interactivos.

• Daremos a coñecer as diferentes actividades semanais das asociacións deportivas
e culturais a través de puntos de información, mediante canais, dentro e fóra de
redes sociais.

• Apoiaremos o camiño dos faros como elemento dinamizador do turismo, da ecoloxía e do deporte.

CASCO HISTÓRICO. RÚA DE ARRIBA E ALAMEDA.

• Impulsaremos unha nova ZONA COMERCIAL NO CASCO HISTÓRICO mediante a
posta a disposición de empresas interesadas, de baixos comerciais en alugueiro,
para a posta en marcha dun Centro Outlet, ao estilo Allariz.
O concello fará de mediador entre empresas e propietarios para que a Rúa de Arriba
e a Alameda consigan ser a nova zona de esparexemento, ocio e comercio
alternativo da comarca. Servirá de efecto chamada para que a xente non so se
aproxime mercar as grandes superficies senón que tamén se achegue o centro da
vila.

MERCADO MUNICIPAL

Apostaremos polo comercio local, os produtos frescos e de proximidade, a calidade
e variedade da oferta e o trato personalizado.

• Dinamizarémolo modificando as bases de usos dos locais, tanto no que se refire aos
prezos e os anos de concesión, case que inalcanzables neste momento para
calquera emprendedor, como no que ten que ver coa finalidade específica de cada
posto.

• Adecuaremos a limpeza do mercado de modo que sexa á axeitada a unha
infraestrutura destas características.

• Faremos cumprir a normativa da zona azul, nun principio cunha campaña informativa
e educativa temporal, pasando despois a súa aplicación.

• Poñeremos a disposición dos clientes do mercado, de maneira gratuíta, as prazas
libres de aparcamento do soto.

• Revisaremos de inmediato a cuberta do edificio para dar solución ao problema de
humidade e goteiras nel; e arranxaremos os desperfectos existentes nestas
instalacións.

• Abriremos unha nova cafetaría na parte de abaixo do mercado que poda ter acceso
dende o exterior, sen necesidade de ter as portas principais abertas, facendo mais
apetecible e rendible a concesión. A súa posta en marcha incentivará as vendas dos
postos.

• Ofertaremos a apertura dos postos do mercado abríndoos con vidreiras e
escaparates cara o exterior, facéndoos mais atractivos e dinámicos.

cand

PROGRAMA ELECTORAL 2019 | COMERCIO E TURISMO