Imprimir

O BNG SOLICITA MEDIDAS INMEDIATAS DE MANTEMENTO NO COLEXIO EUGENIO LÓPEZ

bngcee | 08 de Septembro de 2018

A menos dun mes para o comezo do curso escolar, desde o Bng temos constancia de varias e numerosas deficiencias no centro que poden e van influír negativamente no normal desenrolo da actividade escolar neste vindeiro curso.PHOTO-2018-06-06-22-02-37 (1)PHOTO-2018-06-06-22-04-14PHOTO-2018-06-06-22-01-19

O colexio Eugenio López de Cee é o centro público da localidade para ensinanza de 3 a 12 anos. Contou con preto dos 400 alumnos no curso 2017/2018, algúns deles con necesidades de coidado especiais, un profesorado de 25 mestres e mestras, 2 coidadores e 5 persoas de persoal non docente.

A menos dun mes para o comezo do curso escolar, desde o Bng temos constancia de varias e numerosas deficiencias no centro que poden e van influír negativamente no normal desenrolo da actividade escolar neste vindeiro curso.

Algúns desas deficiencias son:

1.         Os areeiros están  pegados as ventás  do  comedor,  co  que,  estando o  tempo  seco, non  se poden abrir  por  mor   do  po  que  se  levanta e que afectaría a saúde e hixiene  d@s   alumn@s que están no interior. Son tamén un  foco  de infección  constante, debido  ao  paso  de animais, como cans, gatos, facendo  as  súas  necesidades neles. En época de choiva  transfórmanse en piscinas, polo  que tamén quedan inservibles. 

2.         O cuberto exterior (non o patio cuberto) ten varias das pranchas de cubrición rotas, co que chove dentro facéndoo inservible. Ademais, dun deses buratos colga un obxecto que pode caer en calquera momento e facer dano a unha  nena ou neno que ande por debaixo.

3.         As fincas que lindan co recinto pola parte traseira están cheas de maleza, e no límite co colexio, pegado ao peche exterior, acumúlase unha cantidade de lixo considerable, o que pode dar pé facilmente a proliferación de ratas, co seu consabido prexuízo para a saúde e hixiene do alumnado e persoal do colexio.

4.         Os valados dos parques infantís están nalgún tramo en estado ruinoso, con táboas podres e inservibles e atado nalgún punto con bridas. Do mesmo xeito, no solo dos parques aparecen tramos sen o firme protector, incluso onde houbo un xogo e non se repuxo.

5.         O patio aberto, a contorna do colexio por onde as crianzas xogan no seu tempo de lecer, presenta numerosos adoquíns que recobren o edificio caídos, proba dun inexistente mantemento. Nalgún tramo, asoman no medio do piso de terra e area, algunha pedra e tapa de arqueta, que poderían danar gravemente a un rapaz ou rapaza se caera sobre elas. Na entrada principal, pódense observar varias zonas no enlousado do piso e nas escaleiras de entrada rotas, co conseguinte prexuízo. Compre tamén destacar que todo o recinto ao seu redor está cheo de grava non apta para un recinto escolar. Son xa moitos os casos de caídas e feridas que se poderían ter evitado.

6.         No patio cuberto, os piares do edificio seguen sen unha protección específica, sendo necesario protexer ao alumnado dun posible accidente contra elas por medio de materiais específicos.

7.         O polideportivo municipal é usado polos nenos e nenas a diario para actividades deportivas e de lecer xa que  o  centro ten cedido o  uso  deste para actividades escolares e  extra escolares. A entrada que maioritariamente se usa, non está dotada de rampa de acceso para cadeiras de rodas ou calquera outro aparato auxiliar, tendo que usar a principal do pabillón que se debe pisar fora do recinto escolar. Así mesmo, na esquina do polideportivo, pegado ao antigo campo de voleibol, existe un soporte dunha papeleira que xa non está, o que supón un perigo para integridade física do alumnado.

8.         Os  recintos deportivos do exterior presentan un aspecto mellorable.  As porterías e as canastas presentan unha oxidación importante, e incluso unha delas ten rota a parte traseira de suxeición das redes, o que pode supor un elemento de corte perigoso. Carece ademais o recinto escolar de campo para a práctica do voleibol.

9.         Algunha das paredes exteriores do colexio presentan importantes fendas que malamente foron pechadas no seu día, sendo estas  foco de humidade e friaxe.

10.       O muro de peche dianteiro presenta un aspecto descoidado no que a pintura se refire, e na entrada principal do centro  está atado con aramios para que non caia en calquera momento. Isto último non se debería permitir nun centro educativo cheo de nenas e nenos.

 

Por todo iso, instamos áPHOTO-2018-06-06-22-01-16PHOTO-2018-06-06-22-01-52 (1)PHOTO-2018-06-06-22-01-17 (2)PHOTO-2018-06-06-22-01-50PHOTO-2018-06-06-22-01-16 (1) alcaldía a acometer as seguintes accións de mantemento, acondicionamento  e prevención:

A retirada  dos  areeiros e o  acondicionamento  do espazo para outros xogos, a reposición das pranchas de cubrición do cuberto, retirando as rotas e colocando unas novas no seu lugar, a retirada o lixo situado no perímetro do centro, a substitución dos valados de madeira dos parques, a reposición do adoquinado exterior e a reparación das zonas de enlousado do piso e as escaleiras de entrada, facer desaparecer as pedras que asoman do chan, o estudo da posibilidade da retirada da área que rodea o recinto, o recubremento dos piares do patio cuberto con materiais acolchados e que eviten golpes en caso de caída dos nenos e nenas contra eles., a construcción dunha rampa de acceso pola porta lateral do polideportivo que facilite a entrada de cadeiras de rodas, sen ter que usar a porta principal desde o exterior, a retirada de calquera obxecto ou ferro do recinto que xa non teña uso e poida supor un perigo para integridade física dos e das menores, a asunción das labores de mantemento precisas nos campos de xogo exteriores, sanear as porterías e canastas dos mesmos, o tapado e selado en condición todas e cada unha das fendas existentes nas paredes exteriores do edificio e a  renovación do muro de peche dianteiro para evitar posibles derrubes. 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/sen-categorizar/bng-solicita-medidas-inmediatas-mantemento-colexio-eugenio-lopez/20180908153454000958.html


© 2018 Bloque Nacionalista Galego de Cee

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal