O BNG RECLAMA A DEMISIÓN TOTAL DOS CONCELLEIROS NON ADSCRITOS DE CEE

O BNG RECLAMA A DEMISIÓN TOTAL DOS CONCELLEIROS NON ADSCRITOS DE CEE

Deberían cumprir aquilo que dixeron no seu día: Si fracaso, abandono.

O abandono de Daniel Oca do seu pacto co PP evidencia a correcta actuación do BNG cando advertiu da incoherencia e acto de deslealdade cos votantes nacionalistas e procedeu a expulsalo. O tempo encargouse de darlle a razón ao BNG diante dun pacto co PP que só pagaba a arrogancia de Daniel Oca e arrastraba a outros compañeiros nese dificil trago de pactar co PP'.

Ademais, foi lamentábel que Daniel Oca apoiara a privatización da escola de música, que reduciu os postos de traballo e fixo encarecer o seu prezo o que levou a ducias de rapazes a ter que deixar o que lle gustaba; a privatización das escolas infantís, que fixo que moitos pais estean levando os seus nenos e nenas as garderías dos concellos veciños por sairlle moito mais barato, ou que as obras que antes criticaba por seren sempre empresas de fóra do concello, seguiron sendo cubertas polas mesmas empresas, incluso polas implicadas na operación Orquestra e seguiron a facelo a dedo'.

Engadir tamén que, veremos nos vindeiros meses si o pacto rachou na súa totalidade, ou como dende o Bng de Cee cremos, foi un acto cara a galería de Daniel Oca para manter o grupo tránsfuga e buscar acomodo noutras forzas políticas cara as vindeiras eleccións. Compre lembrar que a rutura non é mais que a decisión de irse todos, ante a disposición da concelleira María Xosé Fandiño de demitir por ser incapaz de seguir a compartir goberno coa dereita reaccionaria do Pp.

Con todo isto, demandamos de Daniel Oca e do resto de concelleiros que presenten a dimisión e renuncien as actas de concelleiros que pertencen aos votantes de Cee e ao BNG, lista na que se presentaron; e que o fagan para demostrar que non teñen apego ao sillón do Concello, tal como se cansaron de repetir, e cumpran a súa palabra de que se fracasaban dimitirían'.

Cee a 16 de novembro de 2013

BLOQUE NACIONALISTA DE CEE

O BNG RECLAMA A DEMISIÓN TOTAL DOS CONCELLEIROS NON ADSCRITOS DE CEE