Imprimir

O BNG PRESENTOU UNHA PREGUNTA NO CONGRESO POLO FUNCIONAMENTO DA OFICINA DE FACENDA DE CEE

Asamblea local de Cee | 24 de xuño de 2014

Nas últimas datas están a chegarnos numerosas queixas de veciños da Costa da Morte polo funcionamento da oficina da Axencia Tributaria de Cee.

Por iso, a deputada do Bng en Madrid Rosana Pérez, ven de presentar varias preguntas ao respecto.

Dende a segunda semana de abrirse o prazo para facer a declaración da renda, o persoal está derivando a todas e cada unha das chamadas as oficinas de Santiago ou Coruña pola incapacidade de atender as peticións.

Sabedores somos do desmantelamento que sufriu polo ano 2006 onde a oficina pasoi a ser de nível 3, e só quedou para información e rexistro, mais a pesares diso cremos dende o Bng que nestas datas sería mais que preciso aumentar e reforzar o persoal debido a cantidade de traballo neste período de declaracións.

O feito que deriven ao persoal as cidades, supón un importante desembolso económico para quen ten que desprazarse, a mais das consabidas molestias e/ou perdas de días de traballo.

O Partido Popular, coa excusa da crise está a desmontar o estado tal e como o coñecíamos. Na bisbarra, onde sempre padecemos de falla de servizos, os poucos que tiñamos están a desaparecer calculadamente.

Consideramos preciso que o ministerio reconsidere o papel da oficina de Cee, a dote de persoal cando sexa preciso, e que por suposto, recoñeza e rectifique os recortes do pasado, e volte a dotar a oficina da Axencia Tributaria da comarca do preciso para convertela, como mínimo, no que era antes da súa restructuración .

Cee, a 22 de Xuño de 2014

Serxio Domínguez Louro

Responsábel Comarcal do Bng Costa da Morte

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/sen-categorizar/bng-presentou-pregunta-no-congreso-polo-funcionamento-da-oficina-facenda-cee/20140624142649000752.html


© 2021 Bloque Nacionalista Galego de Cee

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal