O BNG DE CEE SOLICITA UNHA MARQUESIÑA PARA TEDÍN

O BNG DE CEE SOLICITA UNHA MARQUESIÑA PARA TEDÍN

No lugar de Tedín-Lires, os nenos e nenas que esperan o autobús para acudir ao colexio público, están a facelo dende fai xa tempo, a intemperie, sen un lugar onde resgardarse da choiva e do frío.

O cambio de traxecto que segue o mencionado bus para facer a recollida, debido de seguro a disminución de alumnos, fai que a marquesiña existente e sita na estrada que vai cara Ruibo, estea sen uso e non serva, xa que actualmente faise a parada na vía Lires-Toba.

O BNG ven de presentar un escrito no concello solicitando a colocación dunha nova marquesiña, nun novo lugar o mais axeitado posíbel, e que dea o servizo óptimo e oportuno para a protección do alumnado do lugar.

Cee, a 12 de Xaneiro de 2015

Serxio Domínguez Louro

Concelleiro do Bng de Cee

IMG_4544IMG_4543

O BNG DE CEE SOLICITA UNHA MARQUESIÑA PARA TEDÍN