O BNG DE CEE PRESENTA UNHA PETICIÓN NO CONCELLO

O BNG DE CEE PRESENTA UNHA PETICIÓN NO CONCELLO

• Pedimos o arranxo de varios desperfectos en rúas e o cambio de lámpadas no campo de fútbol.

O Bng de Cée presentou no rexistro do concello, un escrito pedindo que se interveña en varias rúas do pobo e se arranxen diversas fochancas que están a dar problemas a peóns e automóbiles.

Dous dos sitios mais urxentes a actuar neles son a intersección da rúa Ferrol coa avenida Fernando Blanco, ao lado da oficina de Abanca, onde un pegote de cemento dificulta o paso de viandantes; e ao lado da discoteca, paso igualmente de persoas a pé, onde outra fochanca fai que en calquer momento unha persoa poida mancarse, o que inevitablemente, a mais do perxuizo persoal de quen o sofre, está o económico por parte do concello, que en innumerables ocasións ten que facer fronte a indennizacións.

Ademais, convidamos tamén ao alcalde a que se poña en contacto coa Xunta da Galiza, de quen é titularidade a C-552 e C-550, para que solicite o arranxo de varios casos similares, tamén sitos en pasos de péons.

Por outra banda, no mesmo escrito solicitamos que se renoven as lámpadas das torres de iluminación no campo de fútbol.

O recinto ten catro torres, con tres focos en cada unha delas. Neste momento tan só unha ten todos os focos activos, as outras tres só lle funciona un a cada unha. Polo tanto, é preciso cambiar as lámpadas en mal estado, xa que en calquer momento poden fundir as que quedan e ter que suspender adestramentos ou partidos, tendo en conta ademias que entreamos na época de menos luz solar, polo tanto de maior uso dos sistemas de iluminación.

Cée, a 15 de outubro de 2015

Serxio Domínguez louro

Portavoz do Bng de Cée

20151001_18274820151003_190112

O BNG DE CEE PRESENTA UNHA PETICIÓN NO CONCELLO