O BNG DE CEE PEDIRÁ SOLUCIÓNS AO CONFLICTO NA PISCINA

O BNG DE CEE PEDIRÁ SOLUCIÓNS AO CONFLICTO NA PISCINA

En sesión plenaria do pasado 28 de Xaneiro, aprobábase unha moción do Bng na que se pedía a solución inmediata dos problemas que tiñan a ver coa situación da piscina municipal e a súa xestión. Así, instábase á Alcaldía para que obrigse a empresa a cumprir o convenio colectivo e acatar as resolucións da inspección de traballo sen ningún tipo de represalia laboral e a reposición dos traballadores nas condicións estabelecidas nos seus contratos como se recolle no prego. De non facelo, a marxe das sancións que legalmente correspondera estabelecer, recuperar a concesión das instalacións da piscina municipal nos termos recollidos no prego de condicións.

Na sesión plenaria de data de 25 de Febreiro, e a pregunta do concelleiro do Bng, ponse de novo de manifesto os incumprimentos non subsanados por parte da concesionaria. Nos días posteriores, o Concello facilita unha documentación aportada pola empresa, na que esta contesta o escrito que presenta a representación legal dos traballadores e no que corrobora os incumprimentos denunciados, ademais de recoñecer outros incumprimentos como o de non ter cuberto o cadro de persoal, tal como establece o prego de condicións suscrito.

A consesionaria recoñece a venta da empresa, sin que esta o comunícase o Concello, para que o pleno decidise si se continuaba coa concesión ou se sacaba novamente a concurso. Tampouco clarexaba as denuncias en materia laboral.

Dende entón, séguese a precarizar máis o emprego, sustituíndo traballadores a xornada completa por parciais, e non dando opción os traballadores de xornada parcial existentes na empresa que opten a contratación completa, como estipula o convenio colectivo.

Así mesmo, e tal e como se pode ver na prensa dos últimos días, o Valedor do Pobo ante unha denuncia do 12 de Marzo do 2014, di que a resposta do goberno local non é suficiente, e que o seu «deber legal e contractual é o de controlar e fiscalizar a xestión do concesionario».

É polo exposto, e ante a reiteración do comportamento e incumprimentos do prego de condicións do contrato, o Bng pedirá no vindeiro pleno que a Secretaría municipal emita informe sobre o estado da concesión e o cumprimento do Prego de Condicións que serviu de base para a concesión do servizo municipal, tendo en conta especialmente a venda da mesma a outra empresa sen coñecemento do Concello. A continuación, convocar un pleno extraordinario para avaliar o informe anterior e proceder ao rescate da concesión, de proceder.

Cee, a 23 de Marzo de 2015

Serxio Domínguez Louro

Concelleiro BNG de Cee.

O BNG DE CEE PEDIRÁ SOLUCIÓNS AO CONFLICTO NA PISCINA