Imprimir

O BNG DE CEE LEVA AO PARLAMENTO OS PROBLEMAS VIAIS EN ESTORDE

bngcee | 29 de Xullo de 2018

A estrada AC-445 que une Cee con Fisterra, ten no paso por Estorde, no concello de Cee,  un dos seus puntos mais conflitivos.

A vía, de titularidade autonómica, discorre a escasos metros da praia que recibe o nome da aldea, e que en época estival é moi concorrida por xente de zona e turistas que veranean nos arredores. Na beira da praia, existen dous estabelecementos de hostalaría, do outro lado, un cámping ateigado de veraneantes. A ambos lados, numerosos aparcamentos para automóbiles que a miúdo resultan insuficientes.

No tramo de vía que nos afecta, pouco mais de 800 metros que unen a saída da vía rápida Cee-Fisterra e o comezo do lugar de Estorde, non existe nin un só paso de peóns, polo que o cruzamento da vía queda ao parecer de cada quen, o que supón un claro perigo para viandantes, mais nas horas de saída e entrada de praia. É mais, no seu día si houbo eses pasos precisos, mais non foron borrados na súa totalidade, polo que lonxe de resultar útiles son un perigo engadido.

Ademais, o límite de velocidade está nos setenta quilómetros hora, o que ao noso entender excede o recomendable, debendo ser esta mais restritiva, nunca mais dos cincuenta recomendados en travesías.

Nas últimas semanas, e coincidindo coa chegada do bo tempo, son varios os incidentes rexistrados na zona, uns con choques entre vehículos derivados do paso de peóns por lugares non axeitados, e outros con sustos por posibles atropelos. Polo de agora todos eles con tan só perdas materiais, mais que en calquera momento poden converterse en perdas de vidas humanas.

Compre ter en conta que na mesma vía, e tan só uns centros de metros mais adiante, no lugar de Sardiñeiro, no concello de Fisterra, as sinalizacións viais para peóns e as restricións de velocidade si existen, nun tramo tamén de travesía e moi pretiño igualmente da praia.

 

“Sobre este asunto xa se ten interpelado en alguna ocasión no pleno de Cee, ao que o alcalde contestou sempre con que él recollera as queixas do vecinos e negocios e remitira sendos escritos a Consellaría correspondente. Desde o Bng, vemos totalmente insuficente a reposta e o traballo feito polo goberno. Si ben é certo que é un problema ao que ten que dar solución a Xunta, que é a titular da vía, tamén o é que o concello é a administración mais cercana a veciñanza, polo que o seu traballo non pode cosistir tan só nun escrito, se non que terá que pedir as reunións precisas e oportunas para que quen corresponda sexa consciente da gravidade do problema. Unha, dúas, tres, ou mil visitas a Xunta si son precisas, declarou Serxio Domínguez, portavoz do Bng de Cee”. 

 

Polo exposto interpelamos ante a Consellería para lle preguntar si é  consciente, do perigo que supón para os viandantes que nese tramo, onde en horas puntas se poden xuntar 20 ou 30 persoas cruzando xuntas  a vía, non haxa nin un só paso de peóns e a velocidade permitida sexa tan alta, e convidámolos a tomar medidas no tramo de vía mencionado antes de que sucedan casos de perdas de vidas humanas. 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/sen-categorizar/bng-cee-leva-ao-parlamento-problemas-viais-estorde/20180729201047000946.html


© 2018 Bloque Nacionalista Galego de Cee

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal