CEE COAS IDEAS CLARAS

PROGRAMA ELECTORAL 2019 | ORDENACIÓN TERRITORIAL. MODELO DE CIDADE. VIVENDA

Serxio Domínguez, candidato á alcaldía de Cee
Serxio Domínguez, candidato á alcaldía de Cee
PROGRAMA ELECTORAL 2019 | ORDENACIÓN TERRITORIAL. MODELO DE CIDADE. VIVENDA

• Impulsaremos con vantaxes fiscais, a Rehabilitación do Casco Vello.

• Instaremos á Xunta á compra de vivendas para a xente nova en réxime de aluguer
no Casco Histórico.

• Faremos un convenio coas empresas de telefonía para dotar de conexións de
cobertura todos os núcleos do concello.

• Instarase a RETEGAL e a Xunta a que de cobertura plena cunha rede de reemisores
de TDT a todo o Concello.

• Elaboraremos un Plan de regularización do tráfico urbano de Cee.

• Impulsaremos a creación dun servizo de transporte entre as parroquias e a vila.

• Repararemos as pistas de titularidade municipal.

• Adecuaremos os rueiros dos lugares.

• Amañaremos, ou no seu caso, construiremos puntos de abastecemento de auga en
todas as parroquias, para a loita contra os lumes.

• Construiremos beirarrúas nas travesías que soportan unha maior circulación de
vehículos .

• Teremos especial coidado das zonas recreativas do concello: os muíños de Toba e
Morencelle, a ruta dos Muíños de Cee, as áreas recreativas, ou a zona da escola de
Estorde que son exemplos da falta de mantemento.

• Eliminaremos as barreiras arquitectónicas.

• Acondicionaremos a parcela municipal ao lado do Hospital para usala como
aparcamento; e comezaremos as conversacións coas persoas propietarias das
parcelas contiguas, para procurar un acordo que permita usar ditos terreos para
aparcadoiro. O mesmo faremos coas parcelas próximas ao Tanatorio A Xunqueira e
detrás de Abanca. Queremos un acordo de cesión temporal que non prexudique as
persoas propietarias e permita usar os terreos en beneficio dos usuarios destas
instalacións, até o momento en que os seus propietarios as necesiten. A iniciativa é
semellante a levada a cabo en Carballo, e que tan bo resultado deu para ambas
partes.

• Instarase a consellaría de vivenda a adquisición das vivendas da “Sicar” para ser
restauradas e ofertadas en alugueiros sociais, para persoas de rendas baixas ou en
risco de exclusión.

• Recollerase a auga da choiva da cuberta da estación de autobuses, pois é imposible
abrigarse un día de choiva sen empaparse.

PXOM

O Concello de Cee precisa un novo instrumento de planeamento urbanístico, que impida
as aberracións que os anteriores gobernos municipais perpetraron indiscriminadamente. É
absolutamente prioritaria para nós a aprobación dun Plan Xeral de Ordenación Municipal
(PXOM), que atenda fundamentalmente a criterios de técnicos urbanistas, que han ser os
que decidan sobre as alegacións que presenten os cidadáns. Isto evitará favoritismos
partidistas por parte das distintas formacións da corporación.
Un PXOM onde se asegure a zona industrial na marxe esquerda da ría, zona dos antigos
estaleiros, para poder ofertalo a empresas potencialmente interesadas, evitando así a
especulación. Un Plan sen campos de golf que restaría a edificabilidade nas parroquias,
para que os nosos descendentes teñan onde facer a súa casa.
Un PXOM para os veciños e veciñas e non para escuros intereses de mais de catro.

cand