CEE COAS IDEAS CLARAS

PROGRAMA ELECTORAL 2019 | CREACIÓN DE EMPREGO E REACTIVACIÓN DA ECONOMÍA

Serxio Domínguez, candidato á alcaldía de Cee
Serxio Domínguez, candidato á alcaldía de Cee
PROGRAMA ELECTORAL 2019 | CREACIÓN DE EMPREGO E REACTIVACIÓN DA ECONOMÍA

• Poremos en marcha unha brigada de obras composta por cinco persoas que se
encargarán do mantemento das instalacións municipais, de pequenas obras polas
parroquias e a vila e da limpeza de vías e cunetas por todo o concello.

• Impulsaremos a instalación de empresas no polígono empresarial comezando por
bonificar e abaratar o prezo das parcelas.

Elaboraremos un Programa de atracción de iniciativas empresariais, que
amose as nosas vantaxes competitivas para a instalación de novas empresas.

PORQUE PENSAMOS QUE O CONCELLO TEN QUE DAR EXEMPLO:
Estableceremos un baremo para o rexistro e certificación voluntaria de empresas e
entidades por parte do concello, priorizando os empresarios locais:
As empresas que queiran acceder a este mecanismo serán auditadas polo concello
en canto a condicións laborais dos empregados, á cantidade de recursos reinvestidos
no termo municipal de Cee, e á importancia do sector no que están implantadas para
a economía municipal, segundo un baremo que será público.
Deste xeito, poderán acceder, con vantaxes, á contratación de obra publica, á
convocatoria de subvencións ou condonacións fiscais, alí onde fose necesario.

• Xestionaremos con SEA (Suelo Empresarial del Atlántico) a construción de naves
para ofrecer en aluguer.

• Aprobaremos un PXOM no que a marxe esquerda da ría quede para o futuro
como zona industrial e de creación de postos de traballo.
Non haberá nel ningún campo de golf
, polo que as parroquias e a vila non
perderán edificabilidade, e dicir, solares onde poder construír novas vivendas

Forzaremos a creación de postos de traballo relacionados co peirao de Brens.
O aumento de actividade no porto debe ir parello ao aumento dos postos de traballo.

• Tamén impulsaremos a creación dunha BASE ANTICONTAMINACIÓN no peirao de
Brens, as costas estarán protexidas, e crearase actividade económica e postos de
traballo.

• Trasladaremos a ITV MOVIL para o polígono empresarial.

• Instaremos a que se cumpra o estipulado no documento de Delimitación dos
Espazos e Usos Portuarios do Porto de Brens-Cee, no que acorda a ampliación
dentro da zona de servizo, mediante a EXPROPIACION DE PARCELAS, dos
terreos privados
que estiveron incorporados na Concesión Administrativa titular da
xa extinguida concesión administrativa titularidade de Suministros e Industrias
Castro Rial “Sicar”, e que se sitúan entre a estrada e a línea de deslinde marítimo
terrestre. Así como da variante que prevén neste mesmo para conectar ao AC-552
coa AC-550 nas proximidades da factoría de Ferroatlantica mediante unha glorieta;
e a opción que consideran válida para executar un muro de contención da estrada
AC-550 no tramo que discorre paralelo ao acceso.

• Traballaremos cos propietarios particulares e coas comunidades de montes QUE
QUEIRAN poñer en valor o monte e loitar contra o lume.
Queremos que o monte
deixe de ser unha simple explotación forestal e volva ser o que sempre foi, un espazo
natural multiprodutivo e por riba de todo, sen lume. Existen outras experiencias no
país que fan do monte unha fábrica natural de carne, setas, mel, paisaxe, lecer,
deporte, saúde e cultura para os nosos fillos .

• Porque sabemos que hai xente con terras que non as traballa e xente sen terras que
quere traballar na agricultura e gandería, impulsaremos a creación dun “Banco de
Terras
” municipal que facilite os acordos para a cesión desas parcelas.

• Impulsaremos un parque eólico publico que serva para reducir do a factura
eléctrica do concello.

• Poremos en marcha sistemas de aforro enerxético no alumeado público, con
medidas como o cambio de lámpadas polas de baixo consumo.

O PORTO DE BRENS E O PATRIMONIO INDUSTRIAL

Lembrando o que temos e tamén o que fomos, apostaremos por poder voltar ver a nosa
ría chea de barcos. Vai ser este un proxecto moi ambicioso, que marcará e cambiará para
ben o futuro da nosa vila. Haberá un antes e un despois en Cee e en toda a bisbarra se a
xente aposta para que o BNG capitanee o futuro goberno local, e este será un dos piares
polo que nos comprometemos a loitar e pór en marcha.
Se o porto de Brens coa súa ampliación é capaz de traer cada vez máis barcos e
converterse nun referente en toda Galiza, cantos non se traerían se voltasen funcionar os
estaleiros. Somos perfectamente conscientes de qué tal vez as expectativas a curto prazo
non pasen pola construción de novas embarcacións, aínda que o futuro do transporte a
nível mundial teña que potenciarse inevitablemente polo mar. Pero dende o BNG de Cee
cremos que a reparación de barcos de cabotaxe e barcos de pesca de mediana e grandes
dimensións ten un mercado enorme na nosa vila, aproveitando as antigas instalacións que
durante tantos anos serviron a este fin.
Esta idea para a revitalización e a reforma integral dos terreos dos antigos estaleiros e da
zona portuaria de Brens pasa polas seguintes actuacións, polas que o BNG de Cee se
compromete a loitar:

Modernización e adaptación ás novas realidades e necesidades das
instalacións xa feitas (antigos estaleiros SICAR)
. Miles de barcos mercantes de
pequena e mediana eslora pasan continuamente polas nosas costas e de seguro
que entrarían nestas instalacións a pintar ou reparar, ou simplemente a revisar. Só
hai que ofertar estas instalacións no mercado.

Demandaremos ás administracións implicadas (Ministerio Medioambiente,
Consellería de Industria,...) do estudo da viabilidade de construír un espigón
cara o nordés no peirao onde está a depuradora (Cubiles)
, para colocar
pantaláns de embarque que manteñan ao abrigo dos temporais as embarcacións de
recreo.

Apostaremos por facer no edificio contiguo á actual depuradora (e que
actualmente está en ruínas) un museo do mar de titularidade pública
, cunha
parte adicada a carpintería de ribeira. Nestas instalacións repararíanse as
embarcacións máis pequenas. O museo será un referente de todo o que significou
e significa para Cee (baleeira de Cañeliñas, SICAR, ...).

Comezaremos a busca de empresas que se queiran instalar nos terreos do
porto de Brens.

Como proxecto conxunto con outros concellos interesados na promoción
turística na Costa da Morte
, apostaremos pola construción dun par de
embarcacións de recreo (con características similares ás dos galeóns de mediano
tamaño) para realizar actividades lúdicas e turísticas pola nosa ría. Existen fondos
europeos para non perder o patrimonio cultural e industrial da nosa nazón, e o BNG
de Cee quere aproveitalos e que poidan reverter na zona creando emprego. A idea
é a creación dunha empresa de xestión municipal para a promoción turística.

Recuperación e rehabilitación da baleeira de Caneliñas (en Gures) para facer
un albergue referente para turismo ecolóxico.
cand

PROGRAMA ELECTORAL 2019 | CREACIÓN DE EMPREGO E REACTIVACIÓN DA ECONOMÍA