Campaña pola dignificación do uso do galego en Cee

Campaña pola dignificación do uso do galego en Cee

Desde o BNG de Cee apostamos polo uso do galego en todos os ámbitos da vida, por iso, estamos a levar a cabo unha campaña para denunciar o mal uso do galego (ou a súa ausencia) por parte da administración local.

Existe no noso municipio, aínda, cartelería –e outro tipo de mensaxes, como as alocucións da centraliña telefónica da casa do concello– nas que se usa como lingua de referencia o castelán. Isto é mais denunciable aínda, se temos en conta que a nosa alcaldesa é a persoa que se encarga da normalización lingüística na deputación da Coruña, e que, a concelleira de cultura e deportes, que forma parte do grupo dos non adscritos se declara abertamente nacionalista, e ven dun partido político, o BNG, que sí o é.

Por iso, a posta en marcha desta campaña; desde aquí pedimos a colaboración de todos os cidadáns para reclamar o cumprimento da Lei de Administración Local e da Lei de Normalización Lingüística, e requirir destes poderes públicos o seu cumprimento.

Entre os documentos anexos, hai dous modelos de denuncia anónima (un dirixido á Deputación da Coruña, e o outro ó Concello de Cee), xunto ca imaxe dunha pegatina reivindicativa que se pode colocar en todos aqueles lugares nos que non se cumpra a lei.

Tamén puxemos en marcha a dirección de correo electrónico ceeengalego@gmail.com ó cal se pode enviar toda aquela información de interese acerca deste tema, que será despois recompilada polo grupo local do BNG e notificada ós organismos competentes.

Comunicado presentación

Denuncia concello

Denuncia deputación