O BNG SOLICITA QUE SE SUPRIMAN AS PRAZAS RESERVADAS A CORPORACIÓN MUNICIPAL QUE ESTÁN NA ZONA AZUL

O BNG SOLICITA QUE SE SUPRIMAN AS PRAZAS RESERVADAS A CORPORACIÓN MUNICIPAL QUE ESTÁN NA ZONA AZUL

O goberno leva ao pleno a restructuración za zona azul no centro de Cee. Así, e adiantándose ao acordo que se poida tomar, xa pintou as prazas de aparcamento frente o mercado. O Bng non se vai opór a que aquela zona sexa de estacionamento limitado por tempo, tendo en conta que é beneficioso para os postos do mercado, sen embargo, cre que se debeu esperar ao acordo e non comportarse coa prepotencia dun goberno en ampla maioría, cando só contan con catro concelleiros/as.

Ademais, e xa que estamos postos na reforma da zona azul, pedirá que se supriman as prazas de aparcamento reservado para a corporación que están sitas fronte a casa do concello.

O Bng non comparte ese tipo de privilexios para os políticos, e cre que a súa actividade non é mais importante que a de calquera veciño ou veciña que acuda a Cee, ou as persoas que traballan nos negocios e comercios do arredor, que teñen que buscarse sitio onde poden, que por certo non é tan lonxe. Privilexios cero, igualdade para todos e todas.

Cee, 24 de Febreiro de 2015

Serxio Domínguez Louro