O BNG SOLICITA QUE SE FAGAN PÚBLICOS OS INFORMES SOBRE A SITUACIÓN DA BASE DE SALVAMENTO EN RUIBO

O BNG SOLICITA QUE SE FAGAN PÚBLICOS OS INFORMES SOBRE A SITUACIÓN DA BASE DE SALVAMENTO EN RUIBO

Con datas 7 y 25 de marzo de 2014, o Bng presentou no parlamento español, sendas iniciativas en relación co traslado do helicóptero de Salvamento a Santiago. O uso da base de Cee sigue, a día de hoxe, restrinxido só a voos diúrnos pola Axencia Estatal de Seguridade Aérea, quen solicitou, despois da entrada en funcionamento da base, en setembro de 2012, a instalación de unha instalación meteorolóxica.

O pasado 14 de novembro, o subdirector do Servizo de Garda costas de Galiza,informaba en sede parlamentaria que a instalación meteorolóxica necesaria para os voos nocturnos, estaba rematada, tan só faltaba a aprobación dos técnicos de ASEA. A pesares diso, tanto naquela Comisión de Pesca do Parlamento de Galiza como na celebrada esta mesma semana, asegurábase que aínda paliadas por SASEMAR as necesidades do heliporto, “non podemos asegurar a plena operatividade debido as condiciones orográficas y climatolóxicas adversas da zona e a súa ubicación”.

O lugar de Ruibo onde se asenta o heliporto está situado na ladeira dun monte, e a súa situación foi motivo de controversia dende que se anunciou a decisión de construílo sen que, en ningún momento, se desen a coñecer por parte do anterior Goberno, nin tampouco do actual, os informes favorables nos que se baseou a devandita situación. É máis, o propio subdirector do Servizo de Gardacostas de Galiza, esgrimiu nas súas comparecencias parlamentarias que "o informe que levou o heliporto a Ruibo non di sequera que ten que ir localizado en Lires, senón que os terreos onde se vai construír son apropiados", e tamén que "a decisión da localización do heliporto de Ruibo tomou baixo criterios certamente descoñecidos e onde as opinións técnicas non deberon ser moi consideradas".

Vimos de ver a semana pasada como Psoe e Pp se cruzaban acusacións pola inoperatividade da base, mais a realidade é que nin o Pp é quen de pór o heliporto a funcionar, ou aclarar que vai pasar con él, nin o Psoe, que foi quen gobernaba e polo tanto responsable de que estea onde está, de deixar claro que informes avalaron a decisión “política”. Por todo isto, o Bng volve a presentar unha iniciativa no parlamento español, para saber:

• qué motivo hai para que siga sen estar operativa a base de Ruibo.

• se despois de que SAESMA palie definitivamente as deficiencias do heliporto de Ruibo, garante o Goberno a súa plena operatividade.

• se considera o goberno que as condicións orográficas e climatolóxicas da zona onde está situado son un condicionante para esa plena operatividade.

Despois da existencia de múltiples controversias por esa situación, o Bng solicita tamén os informes técnicos, de existiren, que recomendaron a situación en Ruibo da base, e que o Goberno os dea a coñecer publicamente.

Costa da morte, a 24 de Marzo de 2014

Serxio Domínguez Louro