O BNG require á corporación o cumprimento da declaracion do Castelo de Ameixenda como B.I.C.

O BNG require á corporación o cumprimento da declaracion do Castelo de Ameixenda como B.I.C.

Se ben, o Castelo do Príncipe si é unha propiedade privada, o feito de ter sido declarado Ben de Interese Cultural, fai que os propietarios deban cumplir cunhas obrigas que, necesariamente, deben ser respectadas, como a do seu correcto mantemento e conservación, a da supervisión por parte de Patrimonio de calquera obra que se leve a cabo, ou a de permanecer aberto e exposto ó público segundo un determinado calendario coñecido e prefixado.

Unha das vellas reivindicacións do BNG en Cee foi o cumprimento efectivo desta declaración do Castelo do Príncipe como B.I.C. Periodicamente sempre se levaron a cabo campañas, por parte do BNG de Cee, de denuncia do incumprimento da normativa de referencia en canto á protección do noso patrimonio histórico con respecto a este caso.

A última, e mais recente, levouse a cabo en 2010, cando, os agora tránsfugas, Daniel Oca e Santos Díaz, eran, aínda, concelleiros do BNG de Cee; naqueles momentos, formularon, segundo acordo da Asemblea Local, denuncia ante a Dirección Xeral de Patrimonio, da que se presenta copia aquí, reclamando que "se inicie o pertinente procedemento de restitución da legalidade". Non obstante, transcurrido mais de un ano de co-goberno co PP (que goberna na Xunta e en Madrid), as medidas que poden acreditar como postas en marcha por eles para conseguir esa efectiva "restitución da legalidade" son nulas, limitándose a diciren que "apoian" a reclamación do BNG.

Da a impresión de que, ó igual que respecto á totalidade do programa presentado durante as eleccións locais, e baixo o cal saíron elexidos concelleiros, neste caso concreto, a intención política de reivindicación e posta en marcha de medidas conducentes ó efectivo respecto do Castelo do Príncipe como como B.I.C. é nula, posto que simplemente se limitan a dicir que "apoian a proposta", pero sen presentar medidas concretas.

Denuncia Oca&Santos

Nota de Prensa