O BNG PRESENTOU UNHA SERIE DE PREGUNTAS NO CONGRESO POLA OBRA DA ESTRADA DA PRAIA DE LIRES

O BNG PRESENTOU UNHA SERIE DE PREGUNTAS NO CONGRESO POLA OBRA DA ESTRADA DA PRAIA DE LIRES

O Bng presentou, tal e como tiña anunciado, unha serie de preguntas pola obra da estrada da praia de Lires.

O Real Decreto Lei 2/2014, do 21 de Febreiro, establece as medidas urxentes para reparar os danos causados polos temporais producidos nos primeiros meses do ano na costa atlántica e cantábrica.

No lugar de Lires, acometéronse obras para reparar as desfeitas na estrada que une a aldea coa praia. Estas, logo de se ter realizado parecen totalmente insuficientes e mal executadas.

Por un lado, na primeira actuación e mais pequena, o muro de contención está coa inclinación a inversa, cara a fora na parte superior. Na segunda e mais importante, o muro só chega ate a metade da altura, o que levou irremediablemente que os valados de protección tivesen que ser retirados estrada adentro, o que levou consigo un maior estreitamento da vía, xa estreita de por si. Isto, sumado a alta densidade de tráfico nesta época estival, fan que se corran riscos innecesarios si se tivera feito de modo correcto.

A mais, existen varios puntos mais da vía nos que non se acuotu e que a moi pouco tardar van causar problemas.

Polo exposto anteriormente, que o Bng presentou as preguntas correspondentes.

• Considera o goberno as actuacións feitas como suficientes?

• Garanten as mesmas a seguridade de peóns e vehículos?

• Cal foi o orzamento exacto e cal é o desglose?

• Ten explicaición técnica que a parede na actuación menor teña inclincación a inversa?

• Porque se deixou o muro na metade da altura? Corresponde a algunha técnica ou é sinxelamente para cumprir os prazos da obra?

• Considera o goberno suficiente a obra executada para evitar incidencias futuras?

• Crè o goberno que a actuación é correcta?

• Porque motivoquedou o entorno das obras descuidado?

Cee, a 22 Xuño de 2014

Serxio Domínguez Louro

Portavoz do Bng de Cee