O BNG PRESENTA PROPOSTAS DE OBRAS PARA O POS+19

O Bloque Nacionalista Galego de Cee vén de presentar as seuguintes propostas de obras para o plan provincial do vindeiro ano 2019.

O BNG PRESENTA PROPOSTAS DE OBRAS PARA O POS+19

Como en anos anteriores, fixemos un reparto por parroquias e vila, tendo en contas as necesidades mais urxentes, segundo as conversas que se foron tendo coa veciñanza e as demandas que se nos fixeron chegar.

As obras son:

  • Asfaltado, renovación e mellora da Rúa Pepe Sánchez, desde o cruce xunto a piscina, até Apem pasando pola casa da cultura e o hospital.
  • Renovación integral da praza da festa de Ameixenda, coa construcción de novos muros de contención.
  • Asfaltado da estrada Toba-Estorde, con carril bici-peonil até a praia, e renovación da entrada a Estorde desde o cruce de Guimareu.
  • Renovación e sinalización das rúas en A Armada.
  • Renovación e asfaltado de estradas en Cosesos, Vilanova, Morancelle e Lobelos.
  • Renovación integral da casa da cultura de Brens, incluido os sotos.
  • Asfaltado e adecuación das rúas interiores en Brens.
  • Saneamento en Vilanova-Codesos, Sembra-Cabaleriza e San Xosé-Pereira.
  • Ampliación das pontes das rúas interiores de Gures.