O BNG PRESENTA UN ESCRITO POLO ESTADO DA VÍA TEDÍN- RUIBO

Según a veciñanza, parte desa obra foi feita en condicións meteorolóxicas adversas, polo que pode ser esa a causa de estes desperfectos. 

O BNG PRESENTA UN ESCRITO POLO ESTADO DA VÍA TEDÍN- RUIBO

IMG-6247O Bng ven de rexistrar un escrito no concello para reclamar ao alcalde que tome medidas sobre o estado da vía Tedín-Ruibo, obra pertencente ao plan POS 2017, recentemente recepcionada polo concello e na que xa  comeza a levantarse parte do asfalto novo, producíndose baches de considerable tamaño. Compre  lembrar que na obra “Acondicionamento e mellora de pistas na parroquia Lires”  se investiron 76.272,94 euros. 
Según a veciñanza, parte desa obra foi feita en condicións meteorolóxicas adversas, polo que pode ser esa a causa de estes desperfectos. 
Mais aló diso, compre dar comunicación a empresa para que solucione os desperfectos no menor tempo posible, xa que estamos aínda en tempo de garantía da mesma, polo que lle rogamos ao alcalde que  faga os trámites necesarios e peetinentes.  
 
“Non é de recibo que poucas semanas despois de rematada a obra, o asfalto comece xa a levantarse. Se importante é acometer as obras, mais o é aínda ter conta de que estas se executen en condicións, mais cando nas propias bases do POS (plan de obras e servizos da Deputación) se fala de que os investimentos sexan financieramente sostibles e  duradeiras no tempo. Esta apenas ten semanas, e todo con bo tempo, non quero nen pensar o que será cando teña que soportar os avatares do inverno”, declarou o portavoz do Bng de Cee, Serxio Domínguez Louro.