“O BNG PON EN MARCHA A CAMPAÑA MERCA EN CEE”

“O BNG PON EN MARCHA A CAMPAÑA MERCA EN CEE”

O comercio tradicional ou de proximidade é a modalidade comercial inmensamente maioritaria en Cee, e esta asentada en pequenas empresas que teñen exercido e exercen un papel social e económico transcendental. A súa vez este tipo de comercio desempeña unha función de intercambio redistributivo en tempos de crise como a que estamos a vivir e que esta relacionado coas persoas que viven situacións económicas precarias, atendendo a estas en aspectos tan esenciais como o acceso a produtos de primeira necesidade.

Mais a afección da crise manifestase, tamén, dun xeito especialmente virulento con este tipo de comercio na súa propia actividade como o demostra o peche de establecementos no noso concello e o incremento do desemprego nestes últimos anos con respecto ao inicio da crise. Crise que non se manifesta de igual maneira en todas as modalidades de comercio e que, xunto as características intrínsecas do comercio galego, fan que as políticas deseñadas dende as distintas administracións non repercuta de igual sorte e intesidade.

Conscente de que as peculiaridades do comercio tradicional galego necesitan actuacións propias e de axuda de todos os estamentos, desde o Bng estamos a por en marcha a campaña “ MERCA EN CEE”

Sobre todo nesta época de moitos gastos nas economías familiares debido ao comezo do ano escolar, dende o Bng queremos solidarizarnos co noso comercio de proximidade, e pedirlles a todos os veciños e veciñas que invistan no noso pobo, mercando no comercio local e apoiando o tecido empresarial de Cee.

Todo o diñeiro que gastemos no noso pobo voltará dun xeito ou outro as nosas mans, si pola contra o levamos fora, serán outros que se beneficien.

É por iso que desde o Bng de Cee cremos que é moi importante a posta en valor do comercio tradicional e de proximidade, e do noso tecido empresarial de cara á recuperación económica e social.

Cee, a 31 de Agosto de 2013

Dionisia Mancha Rey