O BNG PIDE UN PLAN DE BACHEO, PINTADO E DESBROCE DAS VÍAS MUNICIPAIS

O BNG PIDE UN PLAN DE BACHEO, PINTADO E DESBROCE DAS VÍAS MUNICIPAIS

Nos últimos meses, vimos de recibir numerosas queixas da veciñanza sobre o estado de varias vías de propiedade municipal por todo o concello.

Unha vez examinadas, podemos corroborar todos e cada un dos casos e é por iso que acabamos de rexistrar un escrito no concello no que lle solicitamos a equipa de goberno que elabore un plan urxente de bacheo, agora, que o bó tempo o permite.  Somos conscientes que moitas desas vías precisan dun arranxo completo, mais tamén sabemos que non vai ser de inmediato, polo que solitamos solucións provisionais.

Algunha das vías en cuestión son:

. Vía de entrada a Cee desde Corcubión, ao lado da piscina, dirección porto de Brens e ao redor do hospital

. Vía de entrada e subida a Armada.

. Vías interiores da parroquia de Brens.

. Vía de conexión Toba-Praia de Estorde e a derivación de entrada a Estorde

. Rúa de entrada a Ruibo pola parte contraria ao heliporto.

. Vía de conexión Codesos – Vilanova.

. Rúa subida a Raices e instituto.

. Rúa Agra de Escabanas.

Ademais do bacheo destas estradas, onde existen varios puntos importantes a corrixir de inmediato, é preciso tamén o pintado de varias vías, dos seus pasos de peóns e das sinais viais.

Para rematar compre dar solución rápida tamén a limpeza de cunetas e desbroce de maleza nas mesmas. Si ben xa se ten feito en varios puntos do concello, quedan outras moitas onde a herba invade vías e beirarrúas, como por exemplo na baixada desde Bazarra cara Cee.

Por último, indicar que as vías que mencionamos son as que nos visitamos e comprobamos, mais iso non exclue a ningunha outra que non se nos avisase ou que nos non desemos detectado, de aí a necesidade dun plan completo de comprobación e actuación.