O BNG PIDE CONTAS AO ALCALDE POLAS FESTAS DA XUNQUEIRA

O BNG PIDE CONTAS AO ALCALDE POLAS FESTAS DA XUNQUEIRA

Dada a importancia que ten para o concello de Cee o que está a pasar coas débedas das festas da Xunqueira dos anos anteriores, e unha vez pasadas as celebracións deste ano, desde o Bloque Nacionalista Galego solicitámolle por escrito ao alcalde que no vindeiro pleno presente detalladas as contas.

Hoxe quedará a mediodía rexistrada a petición no rexistro do concello.

Compre non demorar a presentación de gastos e ingresos das últimas festas para non repetir episodios como os dos anos 15 e 16 nos que se acumularon débedas por valor de 60 mil euros, que aínda que se lle imputen a comisión de festas, de todos e sabido da implicación do alcalde na contratación dos eventos, até o punto de ser él quen contrataba os espectáculos  e decidía sobre os mesmos.

 

Cee, a 22 de setembro de 2017

Serxio Domínguez Louro

Concelleiro do Bng de Cee