O BNG PEDIRÁ AO PLENO UN HOMENAXE A BALDOMERO CORES E QUE O COLEXIO PÚBLICO LEVE O SEU NOME

O BNG PEDIRÁ AO PLENO UN HOMENAXE A BALDOMERO CORES E QUE O COLEXIO PÚBLICO LEVE O SEU NOME

O pasado día de noiteboa, morría o ceense Baldomero Cores Trasmonte.

Cores Trasmonte desenrrolou una intensa actividade como periodista, escritor, profesor universitario e xurista. Natural de Cee, estudiou Dereito en Santiago. Continuou os seus estudos en Madrid, foi profesor de Sociología na Universidade Complutense, e catedrático da mesma en Porto Rico.

Nos anos oitenta voltou a Galiza e exerceu como xurista do parlamento, desde onde contribuiu ao desenrrolo dunha lexislación propia galega, e continuou unha abultada traxectoria intelectual como ensaista.

Baldomero Cores era membro de la Real Academia Galega, cronista oficial do concello de Cee e medalla Fernando Blanco.

A pesares de todo isto, a súa morte pasou sen moita transcedencia para quen nos goberna, dando nula importancia ao seu falecemento, sen facer tan sequera un comunicado público de condoencia, que por certo, si fixeron outras asociacións culturais. Esta non é a primeira vez que a morte de destacados ceenses pasan sen pena nen gloria para os gobernos de turno, no 2010, Francisco Mayán tampouco foi homenaxeado, nen sequera acudindo ao sepelio.

Ante esta tesitura e o desleixo xa mencionado, o Bng de Cee pedirá vía moción, no vindeiro pleno, que o colexio público pase a ter a denominación

“CEIP Baldomero Cores”, na súa memoria e honra.

Este cambio de nome serviría, ademais, para dar cumprimento a lei de memoria histórica, xa que o nome actual de Eugenio López imcumprea, por ser este un alto cargo da dictadura franquista.

Na anterior lexislatura, o pleno xa rexeitou o torco tralaa iniciativa do Bng.

Ademais, instaremos ao goberno a organización dos actos precisos para homenaxear, como é merecido, a este ilustre ceense.

Cee, a 29 de Decembro de 2014