O Bng de Cee solicita ao Goberno Municipal a retirada da Bandeira da Unión Europea

O Bng de Cee solicita ao Goberno Municipal a retirada da Bandeira da Unión Europea

Serxio Domínguez Louro, concelleiro do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego no Concello de Cée, fai a seguinte solicitude ao goberno municipal

A actitude que está a manter a Unión Europea na crise das persoas refuxiadas só pode ser definida como escandalosa e totalmente inhumana. Nas últimas datas observamos como se lle entrega unha cuantiosa cantidade económica dos impostos dos pobos integrados na Unión Europea para mercar o Estado turco facendo que este peche as súas portas, prohibindo o desprazamento de centos de miles de persoas que marchan dunha guerra que foi alentada polo denominado mundo occidental.

Ante isto solicitamos o seguinte

-En sinal de denuncia desta barbarie humanitaria, que se retiren as bandeiras da Unión Europea que se atopan nos diferentes edificios municipais.

O Bng de Cee solicita ao Goberno Municipal a retirada da Bandeira da Unión Europea