O BNG DE CEE PRESENTOU ONTE RECURSO DE REPOSICIÓN EN MOSTRA DE DESACORDO CO REPARTO DE COMISIÓNS

O BNG DE CEE PRESENTOU ONTE RECURSO DE REPOSICIÓN EN MOSTRA DE DESACORDO CO REPARTO DE COMISIÓNS

• O reparto deixa o Bng sen información en moitas cuestións a tratar no pleno

O Acordo Plenario do 26 de Abril, a proposta da Alcadía, modificou a composición das comisións plenarias, asignando a cada grupo político, tamén aos concelleiros non adscritos, en función da súa representatividade, presenza en todas as comisións informativas, agás no caso deste concelleiro do BNG, ao que se atribúe a presenza unicamente en 4 comisións informativas.

Dito acordo vulnera o dereito de participación nos asuntos públicos deste concelleiro, posto que as comisións informativas, segundo a súa normativa reguladora, teñen por obxecto o estudo e consulta de asuntos que logo han de ser sometidos a decisión do Pleno da Corporación, así como seguimento da acción do goberno local.

Aínda que as comisións informativas sexan órganos sen atribucións resolutorias, pois a súa función non é adoptar acordos, senón preparar o traballo do Pleno, o feito de que se nos deixe fora de varias comisións, a parte de vulnerar a lei, deixanos sen a información precisa para actuar en consecuencia.

Evidente é a vulneración dos dereitos deste concelleiro ao atribuírlle, de xeito tamén arbitrario, a presenza nun número de comisións limitadas, co que en moitos asuntos plenarios que non sexan obxecto de estudo nas que forma parte, así como naqueles que desexe exercer a función de control do goberno que tamén excedan do obxecto das comisións nas que está integrado, non terá posibilidade de acceder á información completa para levar a termo as funcións inherentes ao seu papel representativo e político.

Ademais, como se pode apreciar da lectura da proposta da Alcaldía, que foi asumida polo Pleno, a modificación operada é totalmente discrecional, pois asígnase a integración nunhas determinadas comisións informativas e non noutras sen motivación. Por outra parte, tamén comete unha discriminación, ao limitar a función representativa respecto doutros concelleiros/as da corporación, xa que se lles garante a presenza en todas elas, ben directamente ben a través do grupo ao que pertencen, o que non acontece co BNG, que como se dixo, non poderá ter a acceso á preparación da documentación en áreas a asuntos que formen parte do obxecto de estudo e da orde do día daquelas comisións informativas das que foi excluído polo acordo plenario impugnado.

Así solicitamos , revogar o a cordo e substituilo por outro no que se garanta a presenza do concelleiro do BNG en todas as comisións informativas.

Cee, 30 de maio de 2014.

Serxio Domínguez Louro

AO PLENO DO CONCELLO DE CEE

D. Serxio Domínguez Louro, con DNI 32.836.581-X, maior de idade, con enderezo en Canosa-Cee, en calidade de concelleiro e Portavoz Municipal do BNG, ante o Concello de Cee, comparece e DI:

Que, ao abeiro do disposto nos artigos 116 e 117 da Lei de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, interpón RECURSO DE REPOSICIÓN contra o Acordo Plenario de data 28 de Abril de 2014, polo que se acorda a modificación das comisións informativas, en base aos seguintes

MOTIVOS DO RECURSO:

PRIMEIRO.- O Acordo Plenario, consonte a proposta da Alcadía, modifica a composición das comisións plenarias, asignando a cada grupo político, tamén aos concelleiros non adscritos/as, en función da súa representatividade, presenza en todas as comisións informativas, agás no caso deste concelleiro do BNG, ao que se atribúe a presenza unicamente en 4 comisións informativas.

Dito acordo vulnera o dereito de participación nos asuntos públicos deste concelleiro, posto que as comisións informativas, segundo a súa normativa reguladora, teñen por obxecto o estudo e consulta de asuntos que logo han de ser sometidos a decisión do Pleno da Corporación, así como seguimento da acción do goberno local.

Xa que logo, dada a relevancia dos ditames e informes adoptados polas comisións informativas, ao teren unha relación directa coa función de control do goberno municipal e coa formación de vontade do órgano plenario da Corporación Local, a presenza e participación directa dos concelleiros/as e grupos que forman parte da corporación local é ineludíbel ao estar íntimamente vinculada co núcleo esencial da función representativa.

A propia normativa reguladora prevé o voto ponderado e a presenza proporcional, mais sempre que se garanta que todos os concelleiros/as actúan a través do seu grupo político, e no caso de que non sexa posíbel ha de garantirse a presenza dos concelleiros/as a nivel individual, a fin de preservar o seu dereito á participación e o exercicio da función representativa.

SEGUNDO.- A Sentenza do Tribunal Constitucional de 20.12.2012, que declarou inconstitucional un inciso da Lei de administración local da CA de Madrid deixa claro que “ aínda que as comisións informativas sexan órganos (en sentido "impropio", como sinala a STC 32/1985) sen atribucións resolutorias, pois a súa función non é adoptar acordos, senón preparar o traballo do Pleno que será o órgano que, no seu caso, adopte as decisións correspondentes, debemos sinalar, como xa dixemos na STC 32/1985, (e lembramos nas SSTC 169/2009, FJ 4 EDJ 2009/171603 e 20/2011, FJ 5 EDJ 2011/28724 ), a propósito do papel destas comisións informativas no proceso de toma de decisións do Pleno, que "só un formalismo que prescinda absolutamente da realidade pode ignorar a transcendencia que neste proceso ten a fase de estudo e elaboración das propostas". Por iso, en canto divisións internas do Pleno municipal que son, as comisións informativas "deben reproducir, en canto sexa posíbel, a estrutura política deste, pois doutro xeito, en efecto, non só se eliminaría toda participación dos concelleiros/as da minoría nun estadio importante do proceso de decisión, senón que se furtaría á minoría mesmo a posibilidade de participar con plena eficacia no estudo final da decisión, privándoa do tempo necesario para o estudo en detalle dos asuntos, ou da documentación que iso require, ou de ambas as cousas" (STC 32/1985).

TERCEIRO.- Aplicada esa doutrina a este suposto, é evidente a vulneración dos dereitos deste concelleiro ao atribuírlle, de xeito tamén arbitrario, a presenza nun número de comisións limitadas, co que en moitos asuntos plenarios que non sexan obxecto de estudo nas que forma parte, así como naqueles que desexe exercer a función de control do goberno que tamén excedan do obxecto das comisións nas que está integrado, non terá posibilidade de acceder á información completa para levar a termo as funcións inherentes ao seu papel representativo e político.

Ademais, como se pode apreciar da lectura da proposta da Alcaldía, que foi asumida polo Pleno, a modificación operada é totalmente discrecional, pois asígnase a integración nunhas determinadas comisións informativas e non noutras sen motivación. Por outra parte, tamén comete unha discriminación, ao limitar a función representativa respecto doutros concelleiros/as da corporación, xa que se lles garante a presenza en todas elas, ben directamente ben a través do grupo ao que pertencen, o que non acontece co BNG, que como se dixo, non poderá ter a acceso á preparación da documentación en áreas a asuntos que formen parte do obxecto de estudo e da orde do día daquelas comisións informativas das que foi excluído polo acordo plenario impugnado.

Xa que logo,

SOLICITA, que teña por presentado este escrito, e por interposto recurso de reposición contra o Acordo do Pleno do Concello de Cee de 28 de abril de 2014 polo que acorda a modificación das comisións plenarias, acordando revogalo e substituilo por outro acordo no que se garanta a presenza do concelleiro do BNG en todas as comisións informativas.

Cee, 28 de maio de 2014.

Serxio Domínguez Louro

O BNG DE CEE PRESENTOU ONTE RECURSO DE REPOSICIÓN EN MOSTRA DE DESACORDO CO REPARTO DE COMISIÓNS