O BNG DE CEE PRESENTA UNHA MOCIÓN , PARA QUE SE DEA SOLUCIÓN OS PROBLEMAS DE INUNDACIÓNS EN CEE

O BNG DE CEE PRESENTA UNHA MOCIÓN , PARA QUE SE DEA SOLUCIÓN OS PROBLEMAS DE INUNDACIÓNS EN CEE

Dende fai xa varios anos, os problemas de inundacións no noso pobo véñense repetindo con demasiada asiduidade, ocasionando molestias e perdas económicas importantes a negocios e particulares.

Fai mais de dous anos, a Consellaría de Medioambiente, anunciaba por medio de Augas de Galiza, a contratación dun estudo que analisaría minuciosamente as carencias da rede de sumidoiros, o estado da mesma, daría datos sobre profundidade e caudais que soporta, e por suposto, daría conta das actuacións precisas e imprescindíbeis para a solución das anomalías detectadas.

Na metade do ano pasado, o director de Augas de Galiza declarou que o estudo aínda non fora rematado, mais na súa fase preliminar, deixaba xa as claras que había actuacións que xa se podían ir executando, que non eran custosas, e as que denominaba como “cirúrxicas”, entendendo como tal que poderían valer para ir dando solución puntual a problemas concretos, onde as inundacións son mais graves.

O mal estado da rede de saneamento, a pouca separación das augas residuais das pluviais, os problemas das estacións de bombeo, a rachadura a poucos metros do emisario submarino, ou o pésimo funcionamento da propia estación depuradora de augas residuais, provocan, a mais das inundacións antes mencionadas, que a ría soporte a vertedura de millóns de litros de auga sen depurar, ao día. Isto significa que os mariscadores que operan nela teñen que levar o marisco recollido a depuradoras antes da súa venda, o que significa, perda de tempo e diñeiro, polo tanto, postos de traballo.

A día de hoxe nada sabemos do estudo que está valorado en case 300.000 euros, e estamos seguros que, de ter empregado eses cartos nas obras, parte do problema estaría arranxado.

Polo que pedimos ao pleno que:

• Instar á Alcaldía a que demande de Augas de Galiza o traslado á Corporación municipal das conclusións do estudo realizado.

• Instar a Xunta de Galiza partida orzamentaria suficiente para acometer as obras que o concello de Cee precisa, e con carácter prioritario as consideradas 'cirúrxicas'.

• Instar a Xunta de Galiza a poñer a punto a estación depuradora de augas residuais, solucionando todas e cada unha das anomalías que presente.

• Instar a Augas de Galiza a arranxar de xeito urxente, o emisario existente na propia depuradora.

Cee, 21 de Novembro de 2014.

O BNG DE CEE PRESENTA UNHA MOCIÓN , PARA QUE SE DEA SOLUCIÓN OS PROBLEMAS DE INUNDACIÓNS EN CEE