O BNG DE CEE PIDE UNHA SOLUCIÓN A UBICACIÓN DOS CONTEDORES DE LIXO NA PRAZA DAS PALMEIRAS

O BNG DE CEE PIDE UNHA SOLUCIÓN A UBICACIÓN DOS CONTEDORES DE LIXO NA PRAZA DAS PALMEIRAS

O Bng de Cee presentará un escrito no concello de Cee para que se busque unha solución a ubicación dos contedores de lixo, na praza das palmeiras que se está a reformar.

Nos últimos días, veciños/as e comerciantes da zona veñen de pedirnos que fagamos esta petición xa que o sitio elexido non lles parece o axeitado, quedando xusto na fronte de comercios de alimentación e tendo en conta os problemas de salubridade que pode traer consigo.

As aves carroñeiras, gaivotas e demais, aparecen na volta dos contedores do lixo, traendo consigo molestias de ruidos e defecacións, o que póla proximidade aos comercios antes mencionados supoñen un deterioro da imaxe dos estabelecementos, así como un incordio para os veciños e veciñas das vivendas do aredor.

Dende o Bng de Cee pedimos ao concello que se busquen alternativas.

Unha delas sería o soterramento dos contedores, ben no sitio no que se prevé colocalos ou noutro da praza.

De non poder ser así, que se trasladen a unha das rúas que rematan na praza buscando nelas o sitio idela para si poder soterralos.

A ubicación dos contedores de lixo non poden ser de ningún xeito unha molestia para os veciños e veciñas nen un obstáculo para os comerciantes de alimentación da zona.

Dionisia Mancha Rey

Responsábel Local do Bng de Cee