O BNG DE CEE PIDE QUE SE REVISEN E REPAREN AS MARQUESIÑAS DO CONCELLO

O BNG DE CEE PIDE QUE SE REVISEN E REPAREN AS MARQUESIÑAS DO CONCELLO

Dende fai varios meses, vimos recibindo queixas de veciños e veciñas de varias parroquias, polo estado das marquesiñas que o alumnado usa a diario para esperar o transporte escolar.

Son varias, Gures e Lires por exemplo, as que precisan de limpeza ao redor das súas bases, xa que a terra e a maleza que as rodean invaden o seu interior, polo que a auga corre por elas cando hai algo de choiva.

Do mesmo xeito existen outras cos bancos rotos, co que a espera debe ser sempre de pé.

Engadir ademais que é preciso tamén cambiar de lugar, ou colocar unha adecuada, no lugar de Porcar, xa que a existente non se pode usar por estreita e colocada a favor do vento e a choiva.

 

Polo exposto, solicitamos a alcaldía que:

  1. Se proceda ao mantemento adecuado das marquesiñas que o requiran, limpándoas axeitadamente e liberándoas de terra e maleza ao seu redor.
  2. Se estude a colocación dunha marquesiña pechada pola parte dianteira, ou ben se busque un sitio adecuado que permita o uso da existente., no lugar de Porcar.

       3. Repoñer os asentos daquelas que esteas en mal estado.