O BNG DE CEE PIDE REGULACIÓN DO TRÁFICO NO CRUCE DE ROGET

O BNG DE CEE PIDE REGULACIÓN DO TRÁFICO NO CRUCE DE ROGET

Como ven pasando desde fai xa anos, estamos a sufrir o caos circulatorio na semana grande das festas da vila, especialmente no cruce de Roget. Os veciños e veciñas vémonos resignados, e case que o temos coma si fora un evento máis das celebracións de agosto, case que tan tradicional coma a novena da patroa ou a procesión de San Roque.

O Bng de Cée, preocupado polos numerosos accidentes que se rexistran no noso pobo, xa ten presentado o ano pasado no parlamento de Galicia unha proposta para que se melloren as avenidas, tanto a Fernando Blanco (C-550) como a de Fisterra (C-552). Dita mellora levaría consigo tamén a intersección das dúas, o devandito cruce.

Estes días a afluencia de turistas e de veciños/as doutras localidades por mor das festas, fai que ese punto sexa un autético caos case que todo o día, producíndose ringleiras interminábeis que ralentizan en demasía o tráfico.

O concello non está a facer absolutamente nada para remedialo. No lugar existen semáforos que levan anos sen funcionar, cartos gastados no seu día que non serven para nada, típico tamén no noso pobo. Descoñecemos si a día de hoxe poden ser a solución ou hai problemas técnicos que haberá que solucionar, si fose así convidaremos no vindeiro pleno ao goeberno a facelo.

Mentres, pedimos que se bote man dos policías locais dos que dispoñemos para mellorar a vida dos condutores e viandantes.

O día que se faga darémonos conta de que é positivo tamén para o comercio, para a afluencia da xente aos eventos da semana grande e para a propia convivencia de tódolos veciños/as.

Cée, a 13 de Agosto de 2015

Serxio Domínguez Louro

Voceiro do Bng de Cée

O BNG DE CEE PIDE REGULACIÓN DO TRÁFICO NO CRUCE DE ROGET