O BNG DE CEE PIDE QUE NON SE PERMITA ABRIR AS GRANDES SUPERFICIES O 16 DE AGOSTO

O BNG DE CEE PIDE QUE NON SE PERMITA ABRIR AS GRANDES SUPERFICIES O 16 DE AGOSTO

De abrir ese día estaríase a imcumprir a lei.

O Bng de Cée presenta hoxe no rexistro do concello unha petición para que se lle prohiba as grande superficies o domingo 16 de Agosto e non se vulnere así a lei.

A apertura comercial incumpría a Lei 1/2013 do 13 de febreiro pola que se modifica a Lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia, xa que non coinciden cos dez domingos ou festivos habilitados para apertura comercial pola Xunta de Galiza para o ano 2015, e imcumpren o estabelecido no Artigo 8; punto1 ; e) “Os establecementos comerciais situados no ámbito inmediato de celebración de feiras e mercados tradicionais, durante o mesmo horario en que teña lugar o devandito mercado”.

De permitir esa apertura, non só se imcumpriría dita lei, se non que permitiríamos entrar na competencia desleal que supón que as grandes superficies abran e o pequeño comercio teña que permanecer pechado, tendo en conta ademais a singularidade da data, día despois da patroa da localidade e co pobo en festas. É ademais o comercio de proximidade o que precisa de protección no noso concello, non as grandes superficies.

Isto agrava tamén a situación dos traballadores e traballadoras que non poden desfrutar do único domingo o ano que por lei deben pechar eses grandes almacéns.

Polo tanto, pedimos no escrito que dende a alcaldía se ordee, mediante bando ou similar, a non apertura dos centros comerciais da vila.