O BNG DE CEE PIDE EXPLICACIÓNS POLAS SUBVENCIÓNS PERDIDAS

O BNG DE CEE PIDE EXPLICACIÓNS POLAS SUBVENCIÓNS PERDIDAS

No pleno do pasado mes de agosto, intervención presentou un informe onde,

entre outras anomalías, facía referencia a “As subvencións deberían

xustificarse unha vez que se realiza o gasto para evitar problemas de

tesourería. Os problemas de xustificación nalgunhas subvencións dan

lugar o non ingreso das cantidades a percibir. Neste ano, como no

anterior, se observa un maior retraso na xustificacións que dan lugar a

penalidades por incumprimentos. A escasez de medios humáns ao longo

do exercicio, e a asunción de competencias por outros traballadores

municipais provocan este problema que debe ser corrixido para asegurar

a correcta obtención de subvencións. A ausencia de responsables dos

servizos é un factor a ter en conta e que plantexa problemas e atrasos na

xustificación de subvencións.”.

Por esta razón, o Bng ven de presentar unha petición no concello para que se

informe de cantas subvencións se perderon, así como da cantidade económica

que supuxo. Ademais, no vindeiro pleno solicitará que se lle dea solución

inmediata a situación.

En resposta a pregunta do Bng, o alcalde falou da prohibición de contratar a

outro traballador/a polo veto do goberno estatal, mais o que non dixo foi que a

propia lei di “ que no se autorizarán contratacións "salvo en casos

excepcionales y para cubrir necesidades urgentes e inaplazables que se

restringirán a los sectores, funciones y categorías profesionales que se

consideren prioritarios o que afecten al funcionamiento de los servicios

públicos esenciales".

Parece evidente pois, que estamos ante un caso onde si se pode contratar. A

situación económica de Cée non permite o “luxo “ de non ingresar o diñeiro que

nos corresponde.

Cée, a 21 de setembro de 2015

Serxio Domínguez louro

Portavoz do Bng de Cée