O BNG DE CEE PIDE DAR SOLUCIÓN AOS PROBLEMAS DE TRÁFICO EN CÉE

O BNG DE CEE PIDE DAR SOLUCIÓN AOS PROBLEMAS DE TRÁFICO EN CÉE

• Rexistrou una moción para a posta en marcha de medidas que solucionen o caos viario no núcleo urbano.

Cée pasa por ser, hoxe en día, o centro neurálxico da Costa da Morte. Son numerosos os servizos que se prestan desde o noso pobo para toda a comarca, desde o servizo de facenda, até o hospital comarcal, pasando polos institutos de secundaria, e sen esquecer a piscina municipal, que aínda que pechada neste momento, recibe usuarios de toda a contorna.

Como é evidente, estes servizos traen consigo non só actividade económica na hostelería e comercios , se non tamén as molestias propias de tal ir e vir de xente. Esta actividade increméntase de maneira notable coa chegada da época estival e pola presenza de turismo con centro aquí, ou que simplemente de paso a outros lugares.

No ano 2002, o partido de goberno actual, invertíu en regularizar a circulación polo centro urbano, a cantidade duns 60 mil euros , nuns dez postes de semáforos. A iniciativa, pioneira na zona, e mais que necesaria, facía prever que os problemas de circulación ían ser historia, mais nada mais lonxe da realidade. A día de hoxe, non están en funcionamento todos os elementos antes mencionados, sendo os do cruce de Roget, centro circulatorio do pobo, os que levan xa anos parados, non servindo mais que para dar imaxe de pseudo progreso.

A mais das medidas regulatorias de caracter moderno, en Cée podemos presumir de ter a plantiña de policías locas mais numerosa da contorna, 8 gardas, o que dan unha cifra aproximada de un garda por cada 950 habitantes.

Para dar solución a estes problemas, o Bng propón:

A posta en funcionamento do semáforo sito no cruce de Roget, coa regulación en tempos que mais e millor conveña para o lugar en cuestión; o estudo sobre a necesidade da colocación de novos postes en lugares determinados e que non existían no momento da inversión anterior e o emprazamento aos membros da policía local en servizo a regulación dos puntos mais conflictivos en horas punta, e sobre todo nos meses de Xullo e Agosto.

Cée, 10 de xuño de 2016.

Serxio Domínguez Louro

Concelleiro Bng de Cée