O BNG DE CEE NON ACUDIRÁ A COMIDA DOS MAIORES DO VINDEIRO DOMINGO

O BNG DE CEE NON ACUDIRÁ A COMIDA DOS MAIORES DO VINDEIRO DOMINGO

O Bng de Cee rexeita o convite, e non acudirá a comida dos maiores que o Pp organizou para este domingo.

Ao respecto, Serxio Domínguez Louro, concelleiro e portavoz do Bng de Cee, declarou que:

“O Partido Popular está, coma sempre, a ter un descurso populista e electoralista coa celebración desta festa. A súa organización corresponde única e exclusivamente ao interese do partido de tentar, por todos os medios, conservar a alcaldía de Cee nas vindeiras eleccións. É o mesmo Partido Popular que recorta as pensións dos nosos maiores, o mesmo que os obriga a repagar as medicinas, o mesmo que os condea a ter as pensión mais baixas de todo o estado, o que os vai a convidar un domingo a xantar, iso si, e aínda que non estará confirmado, de seguro traerán ao concelleiro de turno a facer propaganda electoral pola carpa montada en San Pedro Mártir para tal ocasión”.

Ademais, o portavoz do Bng recordou que “cando comezou toda a problemática cos emigrantes retornados, o Bng de Cee organizou unha charla informativa no concello para explicar en detalle a estafa a que estaban a ser sometidos. A aquel acto, non acudiron, nen se interesaron mais tarde por eles, os concelleiros do Pp, nen os da oposición, a pesares de coincidir nos horarios e andar pola casa do concello nese momento”.

Analisadas todas estas circunstancias, o Bng rexeita estar na festa por tratarse de pura propaganda electoralista, (non haberá outra antes das eleccións de Maio) como así o demostra o feito de que vaia ser totalmente gratuito para os maiores acudir, cando o ano pasado se lles cobrou dez euros a cada un por “ non poder sufragar o concello a festa”. Dende o ano pasado a este, nada cambiou para millor, a situación económica non trocou, nen no concello, nen no peto dos maiores.

Cee, 05 de Setembro de 2014.

Serxio Domínguez Louro

Portavoz do Bng de Cee