O BNG DE CEE LEVA A PLENO UNHA MOCIÓN RELATIVA AO MANTEMENTO DO EMPREGO NO PORTO DE BRENS

O BNG DE CEE LEVA A PLENO UNHA MOCIÓN RELATIVA AO MANTEMENTO DO EMPREGO NO PORTO DE BRENS

O BNG DE CEE LEVA A PLENO UNHA MOCIÓN RELATIVA AO MANTEMENTO DO EMPREGO NO PORTO DE BRENS E SOLICITANDO INFORMACIÓN SOBRE NOVAS ACTIVIDADES E MELLORA DAS EXISTENTES NO MESMO.

No ano 2005, Portos de Galicia e os representantes das empresas Ferroatlántica e Caolíns de Vimianzo e a representación dos traballadores aprobaron o “Pacto Regulador das condicións laborais”. Nel, o servizo de estiba e destiba quedaba cunha plantilla de 11 traballadores.

Porén, dende a sinatura dos devanditos acordos até hoxe, os incumprimentos por parte de Portos de Galicia cada vez son máis frecuentes e de maior gravidade.

Dunha banda, por parte de Portos de Galiza, semella existir un deseño para que o servizo esmoreza. Así, pese ao incremento de tráfico no porto de Brens, a raiz da ampliación do mesmo, non se repón a plantilla quedando na actualidade 4 estibadores (froito das xubilacións, incapacidades ou falecementos) dos 11 que o pacto regulador recolle como plantilla axeitada e que se mantería no futuro ou incluso incrementaría si o volume da actividade o permitise, que é o caso. Doutra banda, as empresas cargadoras e/ou estibadoras contratan, subcontratan ou traen os seus propios traballadores para realizar as labores que son propias do servizo de estiba.

A xuizo do Bng de Cee, é incomprensíbel e inadmisíbel que Portos de Galiza incumpra as súas obrigas, causando un grave prexuizo a un servizo que debería ser unha fonte de ingresos para a Administración Pública.

Ademáis, o importante investimento realizado no Porto de Brens e o incremento do seu tráfico debería contribuir a xerar emprego na localidade e comarca e ser impulsor da activación económica e de ubicación de novas empresas.

De seguir con esta estratéxia o servizo público da estiba dos portos de Corcubión-Cee-Laxe desaparecería, desaparecendo tamén os postos de traballo, e o que aínda é peor, a obriga por parte da empresas estibadoras de contratar directamente persoal da zona, polo que, unha das maiores inversións en infraestructura realizadas na Costa da Morte non serviría para creación de emprego directo na zona nin localidade, convertíndose este porto aos efectos de emprego nunha ampliación ou extensión dos portos de Coruña, Ferrol ou Marín que serían cos traballadores que operarían as empresas.

Por todo o exposto, o BNG solicita do Pleno da Corporación Municipal que se

Inste a Portos de Galiza ao cumprimento do Acordo regulador e o mantemento da plantilla mínima regulada no mesmo (11 estibadores) para o mantemento do servizo de estiba como garante de emprego na zona. A mais, instar a portos para que informe da posíbel ubicación de empresas na zona portuaria de brens e dos proxectos previstos en materia de melloras de infraestructuras portuarias e en particular o apoio a operativa de atraque, tamén, pola importancia que esta ten para a xeración de emprego.

Cee, 23 de Xullo de 2014.

Serxio Domínguez Louro