O BNG DE CEE LEVA AO VINDEIRO PLENO UNHA MOCIÓN PARA A IMPLANTACIÓN DE PROGRAMAS DE COMPOSTAXE

O BNG DE CEE LEVA AO VINDEIRO PLENO UNHA MOCIÓN PARA A IMPLANTACIÓN DE PROGRAMAS DE COMPOSTAXE

Durante a época de bonanza económica, no noso concello, nada se fixo para reducir as facturas mensuais imprescindíbeis, luz, lixo, etc..., polo que o futuro pasa inevitablemente por actuar nesa liña dende xa.

É preciso diminuir de forma inmediata a factura de 700 MIL EUROS QUE PAGAMOS POLA RECOLLIDA DE LIXO.

O Bng, como xa fixo anterirormente co alumeado público, presenta esta moción para a implantación de programas de compostaxe, a mais das medidas logo explicadas, porque a redución da xeración de residuos traerá consigo unha diminución das cantidades entregadas a Sogama, o que representará un menor importe da factura a aboar a esta empresa pública polos labores de xestión e tratamento dos RU.

Na actualidade, un concello de 1300 habitantes aforraou no último ano sobre 30.000 euros grazas á implantación da autocompostaxe nunha parte considerábel do seu territorio.

Ademais, as vantaxes que ofrece tratar a materia orgánica con compostaxe son innumerábeis, entre as que destacamos beneficios ambientais, xa que cabería sinalar que a reciclaxe da materia orgánica en orixe (que na composición media do lixo supón o 50 por cento), ademais de posibilitar a súa transformación nun abono natural co que substituír aos fertilizantes químicos, evita que esta se desvíe aos contedores convencionais, permitindo diminuír a frecuencia de recollida por parte dos servizos municipais, así como o transporte do lixo até a planta de transferenza máis cercana, e a menor frecuencia de viaxes, menores emisións de CO2 , etc...

Tamén dende a perspectiva social, habería que subliñar a comodidade que supón para a veciñanza do rural dispoñer nas súas casas dos medios necesarios para desfacerse, dunha forma ecolóxica, da metade do lixo xerado, evitando os continuos desprazamentos aos contedores, polo xeral moi distanciados das vivendas debido á grande dispersión da poboación.

Cee, 21 de Xullo de 2014.

Serxio Domínguez Louro

O BNG DE CEE LEVA AO VINDEIRO PLENO UNHA MOCIÓN PARA A IMPLANTACIÓN DE PROGRAMAS DE COMPOSTAXE