O BNG DE CÉE LEVA AO PLENO DE HOXE UNHA MOCIÓN CONTRA A POBREZA ENERXÉTICA

O BNG DE CÉE LEVA AO PLENO DE HOXE UNHA MOCIÓN CONTRA A POBREZA ENERXÉTICA

O BNG DE CÉE LEVA AO PLENO DE HOXE UNHA MOCIÓN CONTRA A POBREZA ENERXÉTICA E PARA GARANTIR A ENERXÍA COMO SERVIZO PÚBLICO

. A CIG está a impulsar unha proposición de lei, por iniciativa lexislativa popular.

O sector enerxético ten para Galiza un valor estratéxico, polo que representa no seu produto interior bruto e por ser un factor relevante para a produción industrial. A pesar desa importancia, Galiza apenas contou con capacidade para deseñar e aplicar unha estratexia enerxética propia, orientada a un aproveitamento endóxeno dos seus recursos enerxéticos.

No Estado español impúxose o criterio dun sistema eléctrico único e de tarifa única, prexudicial para Galiza ao tratar por igual os consumidores dos diferentes territorios, sen ter en conta a súa achega como produtores de enerxía.

É posíbel a concreción dunha tarifa máis baixa, para que realmente exista un beneficio económico para o propio país, para favorecer o consumo doméstico dunha poboación que ten as pensións e os salarios entre os máis baixos do Estado español e para posibilitar o seu crecemento industrial.

Así, nesta Lei, concrétase o desenvolvemento dunha política enerxética, baseada no papel protagonista da Administración galega, na necesidade para o país de dotármonos dunha tarifa eléctrica específica. Proponse a creación dunha tarifa industrial estábel e predicíbel que favoreza a localización e o desenvolvemento industrial. O sector empresarial galego, e nomeadamente a súa industria, precisa gañar competitividade pola vía da correcta xestión dos seus custos.

A Lei recolle unha concepción da enerxía como un dereito universal de todas as persoas. Para tal fin, concrétase a definición da pobreza enerxética e articúlanse varias medias para a defensa das persoas consumidoras en situación de pobreza enerxética, ao ser un problema de cada vez maior importancia na sociedade galega. Moitas persoas e familias non poden pagar as facturas do subministro enerxético, eléctrico e de gas, especialmente durante os meses de inverno nos cales, polas condicións climatolóxicas, o seu consumo é imprescindíbel. Segundo datos recentes en Galiza, cerca de 187.000 persoas, o 18% do total da poboación, teñen dificultades para aboaren as súas facturas enerxéticas (gas, auga, electricidade, calefacción, etc.), situación que resulta intolerábel nunha sociedade socialmente avanzada.

Polo relatado até agora, o Bng de Cée pedirá o apoio da Corporación Municipal á proposición de lei de medidas para garantir a enerxía como servizo público e contra a pobreza enerxética que se está a impulsar por iniciativa lexislativa popular a Confederación Intersindical Galega e dar traslado do mesmo á presidencia do Parlamento de Galiza, portavoces parlamentares e presidente da Xunta de Galiza.

Cée, 3 de novembro de 2014.

Serxio Domínguez Louro

O BNG DE CÉE LEVA AO PLENO DE HOXE UNHA MOCIÓN CONTRA A POBREZA ENERXÉTICA