O BNG DE CEE LANZA A CAMPAÑA EN APOIO O PEQUENO COMERCIO POLO NADAL

O BNG DE CEE LANZA A CAMPAÑA EN APOIO O PEQUENO COMERCIO POLO NADAL

Un ano despois, o Bng pon de novo en marcha a campaña de apoio ao pequeño comercio local de Cee.

Neste ano trancurrido, e moi ao noso pesar, a situación da economía no pais non fixo outra cousa que empeorar. As políticas económicas e de subidas de impostos do Pp, están a provocar unha grande crise na demanda, ao que hai que sumar as políticas de liberalización comercial que en Madrid se deciden e Feijoo asume e aplica.

Esta situación leva a un grande desequilibrio no sector comercial pola grande cantidade de oferta, debido a expansión de grandes superficies comerciais.

No noso concello, a xa abundante oferta de grandes cadeas, vaise sumar en vindeiras datas unha nova firma de capital valenciano, competencia directa das superficies existentes na zona de Vilar de Toba, e un novo atranco para o pequeño comercio do noso concello. A mais, esta cadea vaise ver beneficiada polo goberno, cunha inversión duns 800.000 euros de cartos públicos, para facilitarlle a súa ubicación e a capacidade de competencia cos negocios xa existentes.

Esta medidas só van a por contra as cordas, e ameazar de morte ao pequeño comercio local.

Dende o Bng temos claro que o comercio local ten un papel importantísimo como dinamizador da economía do noso concello, o que gastas nel, acaba por volver dunha ou doutra maneira a ti, e non acaba en outras partes do estado, ou mesmo no extran-xeiro. É ademais, un comercio mais sustentábel e mais respetusoso co medio ambiente, e significa unha aposta de futuro pola calidade, pola innovación e pola especialización.

Deste xeito, o Bng propón medidas para contrarestar o poder das grandes cadeas e favorecer e axudar ao pequeño comercio e/ou comercio familiar. Cartel Campaña Pequeno Comercio_001

Algunhas delas son:

• Unha moratoria na implantación de grandes superficies comerciais, non deben abrir mais establecementos mentras os nosos xoves seguen a emigrar.

• Promover axudas para mellorar ou implantar comercios específicos que vendan productos do país.

• Establecer liñas de créditos prioritarias para o comercio de proximidade ou local.

• A regulación dos horarios comerciais a prol da normalidade de xornadas laborais, tanto dos empregados/as coma dos e das comerciantes e negocios familiares. Por pór un exemplo, as grandes cadeas van abrir os domingos este mes de Nadal todo o día, o que supón un claro trato de favor cara eses xigantes do comercio. Debemos ter en conta tamén, que a día de hoxe suceden cousas tan sen sentido, como que unha grande superficie non ten porque pagar mais a un/unha empregada por traballar un domingo ou festivo, namentras un pequeño comercio debe por lei facelo.

Neste senso, o Bng vai facer unha petición por escrito no concello, para que busque solucións, ou interceda sobre as administracións que as poidan tomar, para que eses privilexios de apertura dominical e festivos que teñen as grandes superficies e non o pequeño comercio, rematen, e cando menos poidan competir en igualdade de condicións, do contrario, a morte do noso comercio local será cuestión de tempo.

Cee, a 20 de Decembro de 2013

Dionisia Mancha Rey

Responsábel local do Bng de Cee

Cartel Campaña Pequeno Comercio