O BNG DE CEE ESIXE EXPLICACIÓNS POLA CELEBRACIÓN O PASADO MES DE 2 PLENOS EN 24 HORAS

O BNG DE CEE ESIXE EXPLICACIÓNS POLA CELEBRACIÓN O PASADO MES DE 2 PLENOS EN 24 HORAS

O pasado mes celebráronse no noso concello dous plenos cun intervalo de tan só 24 horas, so días 19 e 20 de Decembro.

No primeiro, o goberno sacou adiante o aprobación inicial dos orzamentos para o ano vindeiro, apoiándose en tres dos catro concelleiros non adscritos do pleno. Ao día seguinte, con só 24 horas de diferenza, os edís voltaban a xuntarse, esta vez para aprobar as obras do POS 2014.

Dende o Bng esiximos que se dean explicacións por actuar deste xeito, xa que cremos que ambas cuestións poderían ser tratadas nunha mesma reunión, o que levaría consigo un aforro de mais de 1000 euros.

Non é esta a primeira vez que acontece algo similar no noso concello, así, fai xustamente un ano, e gr a grazas denuncia pública do BNG de Cee, os edís anunciaron a renuncia do que lles tocaba a cobrar por un dos plenos celebrados no mes de Xaneiro de 2013.

Desta vez, voltamos a facer a mesma petición aos concelleiros e concelleiras, nuns momentos coma os que estamos a atravesar, o pobo de Cee non pode facer fronte a falla de previsión da equipa de goberno.

Do mesmo xeito, reiteramos na nosa petición de que sexan revisados os emolumentos a percibir por pleno e comisión por cada edil, cando menos ate a metade.

Desta meneira, a cantidade prevista para tal fin nos orzamentos recén aprobados, pasarían de 40000 a 20000 euros, o que permitiría empregar o sobrante noutras partidas, como poden ser a de servizos sociais.

O BNG DE CEE ESIXE EXPLICACIÓNS POLA CELEBRACIÓN O PASADO MES DE 2 PLENOS EN 24 HORAS