O BNG DE CEE ESIXE ARRANXOS URXENTES NO PARQUE INFANTIL DO RECHEO

IMG-5802
IMG-5802
O BNG DE CEE ESIXE ARRANXOS URXENTES NO PARQUE INFANTIL DO RECHEO

Nos últimos días vimos de recibir varias queixas de pais e nais polo estado do parque infantil do recheo.

Son varios os xogos que precisan unha posta a punto, xa que o seu estado leva consigo riscos para os nenos e nenas. 

Serxio Dominguez, portavoz do Bng declarou... débese proceder de inmediato a reparación dos elementos en mal estado, e de non ser posible substituilos no momento, retirar aqueles  que poden causar lesións graves. Non é de recibo que nun parque infantil se teñan aramios a altura da cara das crianzas, que poderían causar lesións irreversibles nos ollos. Só un goberno paralizado e sen gañas permite que poidan estar bens municipais neste estado.

 

O Bng vai presentar mañá mércores un escrito no concello, acompañado dun pequeno reportaxe fotográfico para coñecemento da equipa de goberno, e no que se lle esixen medidas inmediatasIMG-5803

O BNG DE CEE ESIXE ARRANXOS URXENTES NO PARQUE INFANTIL DO RECHEO