O BNG DE CEE ESIXE ARRANXOS NAS BEIRARRÚAS DA CASA DA CULTURA

O BNG DE CEE ESIXE ARRANXOS NAS BEIRARRÚAS DA CASA DA CULTURA

Entre a entrada principal e a canle do río, existen uns cincuenta metros de beirarrúa nas que o terreo cedeu e iso ocasiona a formación de pozas de auga. Estamos a falar dun dos tramos mais usados a diario polos usuarios e usuarias do edificio, entre eles moitas nenas e nenos que acuden as clases de música na escola municipal, e que as veces teñen que quedar cos pés mollados, nun recinto carente ademais de calefacción.

Compre pois un arranxo en condicións dese tramo na maior brevidade posible, e aproveitando o bo tempo para que co inicio do vindeiro curso non se repitan os episodios deste ano.

O Bng de Cee vén de rexistrar un escrito no concello pedindo ao goberno o arranxo inmediato das beirarrúas sinaladas.

Compre lembrar tamén que o actual alcalde fixo unha campaña polas redes sociais o ano antes das últimas eleccións, criticando a ineficacia do día a día do goberno de entón, mais catro anos despois él comete os mesmos erros e carece dun plan de traballo e mantemento axeitado das infraestructuras municipais, nada novo por outra parte, xa que en Cee levamos moitos anos de cambios de goberno, de pactos de uns con outros sen que nada cambie para mellor.IMG-4695