O BNG DE CEE DENUNCIA A FRAXILIDADE DA OBRA NA ESTRADA DE LIRES A PRAIA

O BNG DE CEE DENUNCIA A FRAXILIDADE DA OBRA NA ESTRADA DE LIRES A PRAIA

As choivas do pasado venres e sábado fixeron desprender,xa parte da ladeira da obra na estrada cara a praia.

O Bng xa o veu avisando en reiteradas ocasións cando a obra estaba en marcha, denunciando tamén as cortas excesivas das árbores pegadas a ría, que axudan a que estes arrastres se produzan.

Os plans do goberno e da alcaldesa de deixar que pasen as eleccións coa obra intacta, fóronselle coas primeiras choivas de primavera. As consecuencias dun inverno forte como é moi probable que veña o seguinte, como todos os invernos na Costa da Morte, acabarán por levar pola ría centos de miles de euros.

A mais do que se pode ver nas fotos, hai outro tramo xa no aire, co que a pouco mais que chova caerá.

Isto todo demostra unha vez mais que estamos ante gobernos no noso concello sen plans de futuro, soamentes preocupados polas eleccións seguintes.

IMG-20150504-WA0004IMG-20150504-WA0007

En Cee, a 4 de Maio de 2015

Serxio Domínguez Louro