O BNG DE CEE DEMANDA EXPLICACIÓNS POLO ADOQUINADO DA CONTORNA DA PRAZA DA CONSTITUCIÓN

O BNG DE CEE DEMANDA EXPLICACIÓNS POLO ADOQUINADO DA CONTORNA DA PRAZA DA CONSTITUCIÓN

Fai unhas semanas, varios medios de comunicación fixéronse eco da intención do goberno local de voltar a levantar o adoquinado do entorno da actual escola de música -nas rúas Alvarellos Berrocal e Xunqueira-. Ante isto, e debido á pouca especificidade da información feita pública, o grupo local do BNG presentou no rexistro do concello un escrito, dirixido ó pleno, mediante o cal solicita que se amplíen e detallen determinados datos relativos á nova obra.

Trátase, fundamentalmente, de aclarar cál é a razón de que se desfaga unha instalación recente, xa non exenta de polémica no momento da súa construcción debido, fundamentalmente, a todos os atrancos que lles causou ós comerciantes da zona e a todos os retrasos habidos no momento da súa execución.

Con respecto a isto, demándase do goberno local que aclare, fundamentalmente:

1.- Cal é a razón fundamental á que obedece esta remodelación, posto que, estamos a falar do desbote dunha instalación que leva menos de 1 ano en uso.

2.- Quén se vai facer cargo dos custes; non estamos a falar dun investimento pequeño, tanto na demolición do adoquinado vello como na construcción do novo. En tempos de crise, e cun presuposto que a propia alcaldesa recoñece como de continxencia, non é o momento de dilapidar recursos económicos que poderían ser usados para facer frente a outras obrigas económicas mais acuciantes.

3.- Pídese que se detalle se o adoquinado existente xa foi recibido polo concello, así como cales foron os informes dos persoal técnico que supervisou a execución da instalación do adoquinado existente, ós efectos de determinar as posibles repercusións e suxeitos obrigados con respecto á necesidade da remodelación.

En Cee, a 14 de xaneiro de 2014

O BNG DE CEE DEMANDA EXPLICACIÓNS POLO ADOQUINADO DA CONTORNA DA PRAZA DA CONSTITUCIÓN