ACTUACIÓNS PRECISAS NA ESTRADA CANOSA-LIRES

ACTUACIÓNS PRECISAS NA ESTRADA CANOSA-LIRES

Como lle anunciei no último pleno, son varias as actuacións precisas na estrada Canosa-Lires que acaba de ser rematada.

Por un lado, é necesario abrir saída a auga en algún punto, como ao lado da marquesiña, xusto no cruce que sobe para Canosa ou en fronte a segunda casa a esquerda dirección Lires, de non facelo a auga irá pouco a pouco desfacendo o piso e en teré molo desfeito.

Ademais, xusto ao pasar a ponte é preciso tamén colocar unas tubaxes no camiño para que a auga poida seguir o seu curso e chegar ao río, de non facelo asa consecuencias serán as sinaladas anteriormente.

Para rematar, uns metros mais adiante do anterior, o asfalto fundiuse no momento de colocación e a empresa colocou un parche, que ademáis do seu impacto visual, segue a producir un desnivel que habería que solucionar. Non se pode permitir que unha empresa non remate ben o seu traballo.

Adxuntamos fotos para a comprobación do mencionado.

IMG-4384 - copia      IMG-4381 - copia